xoves, 25 de xaneiro de 2024

Obradoiro de desenvolvemento de videoxogos - nivel iniciación

 Actividade DE BALDE promovida e impartida por unha das persoas usuarias habituais do Espazo Xuvenil O Remanso, que consiste nun obradoiro para iniciarse nesta plataforma de creación de xogos: "Godot". Para persoas entre 12 e 30 anos.

HORARIO E CALENDARIO DO OBRADOIRO: 

27/01/2024. de 18:00 a 20:30 h.

Máis información no espazo Xuvenil O Remanso 

Av. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña



Axudas á mocidade para a obtención dos permisos de condución B, C e D

A Consellería de Política Social e Xuventude convoca unha liña de axudas para facilitar a obtención do permiso de condución das clases B, C e D a persoas mozas galegas en situación de desemprego.


PRAZOS :
Dende o 24/01/2024 ata o 30/09/2024, salvo esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.

IMPORTE: 

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de dous ou dos tres permisos.

REMUNERACIÓN:

  • 400 EUROS PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DE CLASE B
  • 650 EUROS PARA O PERMISO DE CLASE C
  • 1.300 EUROS PARA O PERMISO DE CLASE D

REQUISITOS:

  • - Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
  • - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • - Non estar traballando por conta propia nin allea.
  • - Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita 
  • esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.


MÁIS INFORMACIÓN

xuventude.xunta.es

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 999 025, 881 999 314, 981 545 293

Correo electrónico: xuventude.programas@xunta.gal

Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4. 15011 A Coruña

Teléfonos: 881 881 238, 881 881 240

Correo electrónico: xuventudecoruna.benestar@xunta.gal

Publicación: DOG 23/01/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento BS321A

venres, 19 de xaneiro de 2024

Tarxeta Xente Nova durante o ano 2024

 A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas EN TODA GALICIA!!! 

Ampliase o prazo para utilizala a todo o ano 2024.

Quen a pode utilizar? Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

En que liñas de transporte se pode usar? Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. 

tarxetaxentenova

Como conseguila?
Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.

Como recargala?
En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.

Como viaxar con ela?
Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de Abanca e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.

Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal ou no teléfono 988 687 800

Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova

Información sobre recollida de pellets para entidades e persoas voluntarias

 1. A Xunta ten despregado un dispositivo de profesionais que están limpando e retirando os pellets que chegaron aos areais da nosa comunidade.

2. Co fin de facilitar toda a información sobre as recomendacións a seguir para as persoas voluntarias que se acheguen aos areais, despregamos persoal de información do voluntariado ao que poderás dirixirte se tes algunha dúbida.  

Aquí podes consultar os puntos de encontro onde estará este persoal: 


3. Para recoller os pellets é fundamental que sigas as indicacións do documento de recomendacións específico para entidades e persoas voluntarias elaborado no marco do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal). Aquí tes o enlace: http://www.plancamgal.gal/es/noticias/protocolo-de-recollida-de-pellets-para-entidades-e-persoas-voluntarias
4. Podes tamén consultar o seguinte vídeo de carácter formativo e de apoio:




BOLETÍN 22-28 XANEIRO

 

martes, 16 de xaneiro de 2024

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

 A Xunta de Galicia convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non posúan o título de graduado en ESO nin un título profesional básico e teñan 17 anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes están en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312C.
Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

Estrutura e organización da proba:
a) Parte sociolingüística:
– Lingua Castelá.
– Lingua Galega.
– Ciencias Sociais.
b) Parte matemática:
– Matemáticas.
c) Parte científico-técnica.
– Ciencias da Natureza.
– Tecnoloxía.

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as ppersoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.

prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co procedemento ED312D
Tamén se poderán presentar as solicitudes en calquera centro docente público da Consellería de Educación que imparta ciclos formativos de formación profesional.

Estrutura da proba:
a) Parte común:
– Lingua Galega.
– Lingua Castelá.
– Matemáticas.
b) Parte específica. Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso. A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das que desexe ser examinada:
– Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía.
– Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física.
– Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024.

Máis información no DOG do 8 de xaneiro de 2024 e en www.edu.xunta.es/fp 

"Fálame de ti". Como preparar unha entrevista de traballo?

 No mes de xaneiro a actividade do programa “Xoves de Achegas”, que se realiza no Espazo de Información Xuvenil das Naves do Metrosidero do Concello da Coruña, centrarase na mellora de habilidades e competencias para poder superar unha entrevista de traballo.

Para quen?: mozas e mozos de 16 a 30 anos.
Data: 25 de xaneiro de 2024
Horario: 19:00 h.
Duración: 1 hora


Apúntate aquí

BOLETÍN 8-14 XANEIRO

 

BOLETÍN 06-12 MAIO