sábado, 30 de maio de 2026

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

  Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2026/27.



As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia permiten estudar distintos idiomas con ensinanzas oficiais e certificación recoñecida.

Para o alumnado de novo acceso, o prazo de preinscrición será do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026 a través da plataforma:
EOI Digital – Preinscrición

As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación deberán formalizar a matrícula entre o 9 e o 20 de xullo.

O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 deberá realizar a reserva de praza e matrícula na seguinte plataforma:
Aplicación de matrícula EOI

Os prazos establecidos son:

• Matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño de 2026, para alumnado que continúe no mesmo idioma e na mesma escola e que supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

• Matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo de 2026, para alumnado coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.

Recoméndase consultar con antelación a oferta de idiomas e niveis de cada escola, así como revisar a documentación necesaria para formalizar a matrícula dentro dos prazos establecidos.

mércores, 27 de maio de 2026

Boletí do 25 ao 31 de maio de 2026

 


USC 2026-2027: convocatoria de prazas nas residencias universitarias

  A Universidade de Santiago de Compostela abriu a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias universitarias para o curso 2026-2027, destinada ao estudantado matriculado ou que vaia iniciar estudos na USC.


O prazo de solicitude estará aberto ata o 22 de xuño de 2026. As solicitudes deben realizarse de maneira telemática a través da plataforma habilitada pola universidade.

A convocatoria inclúe prazas nas diferentes residencias universitarias dos campus de Santiago de Compostela e Lugo, tanto para alumnado de grao como para outras ensinanzas universitarias oficiais.

Entre os aspectos que cómpre ter en conta destacan:

  • A adxudicación das prazas realízase mediante baremación.
  • Valóranse circunstancias económicas, académicas e familiares.
  • É necesario presentar a documentación acreditativa dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado de novo ingreso tamén pode participar na convocatoria.

As persoas interesadas deberían revisar con atención:

  • Os requisitos de acceso.
  • Os criterios de prioridade.
  • Os prezos públicos.
  • As normas de permanencia nas residencias.

Máis información e acceso á convocatoria:

https://sede.usc.es

:

Universidade de Santiago de Compostela

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246

correo-e: sur@usc.es

www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias

Residencias universitarias da UDC 2026-2027: aberto o prazo de solicitude

 A Universidade da Coruña publicou a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso 2026-2027.


O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 23 de xuño de 2026.

As residencias universitarias dispoñibles son:

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao (A Coruña)
  • Residencia Pública Universitaria de Ferrol

A convocatoria está dirixida ao estudantado da UDC, tanto de novo ingreso como de continuidade de estudos. No procedemento establécense os requisitos, criterios de baremación, prezos públicos e documentación necesaria.

Para o alumnado que se matricule por primeira vez na universidade:

  1. Debe cubrir o formulario de solicitude.
  2. Posteriormente, recibirá por correo electrónico as instrucións para achegar a documentación acreditativa correspondente.

Cómpre lembrar que:

  • Só se admite unha solicitude por persoa.
  • É necesario escoller entre A Coruña ou Ferrol.
  • Terá validez unicamente a última solicitude rexistrada.

Máis información e acceso á convocatoria:

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/ 

Universidade da Coruña

Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel. 981 167 000

correo-e:

- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")

- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)

 Tamén se recomenda consultar o regulamento interno das residencias e revisar con antelación toda a documentación requirida para evitar incidencias no proceso de solicitude.

xoves, 21 de maio de 2026

Convocadas prazas nas residencias xuvenís (non son as da Universidade) para o curso 2026-2027

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o curso 2026-2027.


Estas prazas están destinadas a persoas mozas de entre 16 e 30 anos que, por motivos de estudo, formación ou traballo, necesiten residir fóra do seu concello habitual. Trátase de residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia e non das residencias universitarias vinculadas ás universidades.

As residencias ofrecen aloxamento e servizos complementarios, facilitando a continuidade dos estudos e o acceso á formación en distintas localidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xuño de 2026.

Entre as residencias convocadas atópanse:

  • Residencia Xuvenil Altamar (Vigo)

  • Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)

  • Residencia Xuvenil Lug (Lugo)

A información completa sobre requisitos, documentación, número de prazas e procedemento de solicitude pode consultarse na convocatoria oficial:

Información Xuvenil A Coruña – Prazas nas residencias xuvenís

Tamén pode consultarse a convocatoria na web da Xunta de Galicia:

Xuventude Galicia – Residencias xuvenís 2026-2027

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música da Coruña para o curso 2026-2027

 Xa está aberto o prazo de preinscrición para acceder á Escola Municipal de Música da Coruña no curso 2026-2027.


O Concello da Coruña oferta máis de 200 prazas para alumnado de novo ingreso en ensinanzas musicais dirixidas a diferentes idades e niveis formativos. A oferta inclúe especialidades instrumentais e vocais, linguaxe musical e Música e Movemento para crianzas de entre 4 e 7 anos.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 18 ata o 22 de maio de 2026. As solicitudes e a información completa poden consultarse na web oficial da escola: Escola Municipal de Música da Coruña

A Escola Municipal de Música está dirixida a persoas de todas as idades e constitúe unha oportunidade para iniciar ou continuar a formación musical nun contexto educativo e cultural aberto á cidadanía.

Entre as especialidades e actividades ofertadas destacan:

  • Piano
  • Guitarra
  • Violín
  • Violonchelo
  • Percusión
  • Canto
  • Linguaxe musical
  • Música e Movemento

Para máis información sobre funcionamento, horarios e estudos dispoñibles, pode consultarse tamén o apartado de información xeral da escola: Información xeral da Escola Municipal de Música

mércores, 20 de maio de 2026

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2026/27

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional abriu o prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2026-2027.

Información e tramitación:
Aplicación Fondolibros

Prazo de presentación:
Do 19 de maio ao 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.

Quen pode solicitalo:

  • Fondo solidario de libros: alumnado de 3º a 6º de Primaria e ESO.
  • Axudas para adquisición de libros: alumnado de 1º e 2º de Primaria e determinados casos de alumnado con NEAE.
  • Axudas para material escolar: alumnado de Primaria e ESO matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

Presentación das solicitudes:

  • Preferentemente por vía electrónica na aplicación Fondolibros e na sede electrónica da Xunta.
  • Tamén poderá realizarse presencialmente no centro educativo correspondente.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.


Aspectos importantes:

  • É obrigatoria a devolución dos libros prestados do curso actual para poder acceder ás axudas.
  • A documentación inclúe os anexos I e II de solicitude e comprobación de datos da unidade familiar.
  • As contías e número de libros asignados dependen da renda per cápita familiar e doutras circunstancias específicas (NEAE, discapacidade, tutela da Xunta, etc.).

Máis información oficial:

PáXina web:

www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional  

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 517/ 881 997 385/ 881 996 512/ 881 996 513/ 981 547 301/ 981 546 524

Publicación: DOG 18/05/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento ED330B 

Sede electrónica da Xunta – Procedemento ED330B

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

  Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, ...