domingo, 25 de febreiro de 2024

Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2024.


PRAZO DE PRESENTACIÓN 
Do 10 de febreiro de 2024 ata o 21 de marzo de 2024 ás 15:00

REQUISITOS:
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2007.
  • - Estar matriculado no curso 2023-2024 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza, Grao medio de Formación Profesional, Grao medio de artes plásticas e deseño, Grao medio de ensinos deportivos, Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • - Obter no curso 2023-2024 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes conforme á Resolución 15 de marzo de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobligatorios.
  • - Ter aprobadas todas as materias do curso 2022-2023, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • - Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
  • SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN
  • As solicitudes cubriranse mediante o formulario accesible a través da sede electrónica do Ministerio. Tras cumprimentar os datos, xérase un persoal ou certificado, que hai que imprimir e presentar no centro de estudos, para que este certifique os datos académicos necesarios para valorar a solicitude. Unha vez obtido este certificado, se escaneará e achegarase a través da aplicación informática.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non se concederá contía algunha en concepto de traslado desde o domicilio ao centro de destino nin desde este a o domicilio, sendo por conta do alumnado.

PÁXINA WEB:
CONTACTO:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Rúa Os Madrazo, 17. 28014 Madrid
Teléfono: 910 837 937 / Teléfono 060
Publicación: BOE 09/02/2024 (extracto)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 743005

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º e 2º de bacharelato de centros sostidos con fondos públicos, durante o verán 2024.



INSCRICIÓNS:
Dende o 13/02/2024 ata o 12/03/2024

DURACIÓN:
3 semanas durante os meses de xullo e agosto de 2024.

PREZO:
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (entre 300 e 1475 euros).  A determinación das achegas familiares farase seguindo uns criterios (nota media do expediente no curso 2022/23, renda per cápita da unidade familiar, pertenza a familia numerosa, condición de discapacidade). 

REQUISITOS:
  • - Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos de Galicia, durante o curso 2023/24.
  • - Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.
  • - Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO ou en 1º de bacharelato, segundo corresponda. 
  • - Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • - Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

  • REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
  • A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D).
O custo total de cada actividade inclúe:
Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
Os gastos de docencia e o material escolar.
As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
Os gastos de mantenza e aloxamento.
O certificado de realización da actividade.
O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
MÁIS INFORMACIÓN

PÁXINA WEB:

CONTACTO:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 997 426 / 881 997 419
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Publicación: DOG 12/02/2024

TRAMITACIÓN
Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B

Idiomas do mundo 2024

 O programa Idiomas do Mundo oferta 30 prazas para estadías dun mes en Irlanda durante os meses de xullo ou agosto destinadas a estudantes que cursen 1º de Bacharelato durante o presente curso escolar.. Dirixido ao alumnado empadroado na Coruña que curse 1.º de BACH no curso 2023-24.



O programa promove que o alumnado participe nunha acción intercultural aumentando a conciencia e comprensión doutras culturas e países e a educación das persoas participantes respecto á diversidade e á igualdade, ao mesmo tempo que lles permita avanzar no seu desenvolvemento persoal.

As condicións do programa recolleranse nas bases reguladoras do programa, que están en elaboración.

Requisitos: 
  • Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña que cumpra os seguintes requisitos:
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña no momento da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2023-2024.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 7 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar en curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
  • Non estar inmerso nas prohibicións recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito, que inclúe non ter débedas co Concello da Coruña, será comprobado só no caso de resultar seleccionado, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita achegarán as cantidades que lles correspondan segundo as contías e porcentaxes sinalados na táboa recollida nas bases do programa, establecéndose dous tipos de bolsa:
  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 5 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 70% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 4 puntos. As familias do alumnado beneficiario de bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 30% do prezo da praza.
INSCRICIÓNS:

Desde o 23 de febreiro ata o 7 de marzo a través da ficha específica de inscrición: https://edu.coruna.gal/coruna_educa_familias/idiomas_mundo/
O prazo de inscrición será de dez días hábiles, desde o día seguinte da publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

IMPORTANTE: unha vez cuberta a ficha de inscrición en liña, é imprescindible entregar por rexistro toda a documentación que está establecida nas bases.
CONTACTO:
Servizo Municipal de Educación
T: 981 184 200 ext 10911

mércores, 21 de febreiro de 2024

PRIMAVERA XOVE 2024

 



Primavera Xove 2024

A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros.

O programa inclúe 

  • Aloxamento en albergue xuvenil. A asignación de cuartos será de libre disposición.
  • Manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos, no caso das fins de semana. No caso das quendas de Semana Santa: desde a cea do venres 22 ata o almorzo do martes 26, e desde a cea do mércores 27 ata o almorzo do domingo 31. »
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas). 
  • O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible na web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

Formulario de 14 a 17 anos

Formulario de 18 a 30 anos

Consulta aquí a toda a información do programa

Programación febreiro-abril no Espazo Diverso

O Espazo Diverso, espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero, abre o prazo de inscrición para as actividades e obradoiros que oferta durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2024.
  

PROGRAMACIÓN DE FEBREIRO-ABRIL:

Grupo de autoapoio para as familias de persoas LGTBIQA+:

  • martes 27 de febreiro de 19.00 a 20.30 h
  • martes 26 de marzo de 19.00 a 20.30 h
  • martes 30 de abril de 19.00 a 20.30 h

Obradoiro "Sexo seguro": 

  • xoves 29 de febreiro de 18.00 a 20.30 h

Club de lectura: 

  • mércores 6 e 20 de marzo de 19.00 a 20.30 h
  • mércores 3 e 17 de abril de 19.00 a 20.30 h.

Obradoiro "E ti... como te relaciones contigo?": 

  • luns 4 de marzo de 18.00 a 20.00 h

Obradoiro de fanzine: 

  • xoves 14 de marzo de 18.00 a 20.00 h

Obradoiro "Coidarnos para coidar das nosas relaciós": 

  • luns 15, 22 e 29 de abril de 18.00 a 20.00 h

INSCRICIÓNS: a través do formulario de inscrición online. Prazas limitadas: serán asignadas por orde de inscrición ata completar aforo.




Orde de axudas para os permisos de condución clases B, C e D

 Importe das axudas:

400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

 

 

 

Título de bacharel para maiores de 20 anos

 A Xunta de Galicia convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio da materia de Artes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2024.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

As solicitudes poden tramitarse tamén en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3469
Publicado no DOG do 23 de febreiro de 2024

mércores, 7 de febreiro de 2024

Galiciencia

Galiciencia, a feira científica promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), abriu o prazo para que os centros interesados se inscriban e vaian presentando os seus proxectos; poderán facelo ata o 18 de marzo a través da web da feira.

O obxectivo da nova edición e é novamente achegar o universo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato.

Esta 19ª convocatoria celebrarase os días 8, 9 e 10 de maio, en formato presencial e tamén en liña.

A temática elixida é Mellor, de Madeira, un material que o Parque quere promover de xeito particular, en liña cos seus obxectivos de desenvolvemento sustentábel. Así, na feira porase de relevo a importancia da madeira como material respectuoso co medio, con múltiples beneficios para o noso planeta por ser un produto renovábel, biodegradábel e cunha ampla variedade de aplicacións en eidos diversos como a construción e a fabricación.

Na modalidade presencial poden presentarse dous proxectos por centro educativo de Secundaria, Bacharelato e FP; que serán os que finalmente compitan polos premios de Galiciencia. No caso da modalidade online non hai límite de proxectos.

Premios

O primeiro premio está dotado con 1.000 euros, para financiar a participación na maior feira científica a nivel estatal, Exporecerca, que se celebra anualmente en Barcelona.

O segundo equipo clasificado recibirá 500 €, o que lles permitirá asistir a Zientzia Azoka, a feira de ciencia que ten lugar cada ano en Bilbao.

O equipo gañador do terceiro premio recibirá 200 € para a compra de material científico e/ou tecnolóxico para o seu centro escolar.
Así mesmo, premiarase a mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto englobado dentro da temática Mellor, de Madeira, así como o proxecto liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i. Haberá tamén un premio especial para a mellor proposta na categoría de FP. E galardoarase o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participen en liña.
Como nas anteriores edicións, Galiciencia contará cun concurso de deseño da camiseta oficial, concurso de fotografía e un desafío científico

Concurso de deseño da camiseta oficial
Ademais, o alumnado de Primaria de toda Galicia poderá participar no concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2024. O prazo estará aberto tamén ata o 18 de marzo. O alumnado interesado deberán enviar un correo electrónico cos seus deseños escaneados ao enderezo galiciencia@tecnopole.gal ou presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia. https://galiciencia.com/edicion-2024/#camiseta

Concurso de fotografía a través de Instagram. Neste caso o prazo para presentarse remata o 15 de abril e diríxese tanto ao alumnado como ao profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España. https://galiciencia.com/edicion-2024/#fotografia
Desafío científico Mellor de Madeira!

O alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia poderá participar no Desafío Científico Mellor, de Madeira! Consta dunha primeira fase online con tres retos. Para participar no primeiro reto será preciso inscribirse ata o 19 de febreiro a través da páxina web https://atrevete.galiciencia.com/



BOLETÍN 05-11 FEBREIRO

 

BOLETÍN 29 XANEIRO-04 FEBREIRO

 

BOLETÍN 06-12 MAIO