Etiquetas

Amosando publicacións coa etiqueta Actividades formativas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actividades formativas. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

  Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2026/27.



As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia permiten estudar distintos idiomas con ensinanzas oficiais e certificación recoñecida.

Para o alumnado de novo acceso, o prazo de preinscrición será do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026 a través da plataforma:
EOI Digital – Preinscrición

As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación deberán formalizar a matrícula entre o 9 e o 20 de xullo.

O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 deberá realizar a reserva de praza e matrícula na seguinte plataforma:
Aplicación de matrícula EOI

Os prazos establecidos son:

• Matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño de 2026, para alumnado que continúe no mesmo idioma e na mesma escola e que supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

• Matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo de 2026, para alumnado coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.

Recoméndase consultar con antelación a oferta de idiomas e niveis de cada escola, así como revisar a documentación necesaria para formalizar a matrícula dentro dos prazos establecidos.

xoves, 21 de maio de 2026

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música da Coruña para o curso 2026-2027

 Xa está aberto o prazo de preinscrición para acceder á Escola Municipal de Música da Coruña no curso 2026-2027.


O Concello da Coruña oferta máis de 200 prazas para alumnado de novo ingreso en ensinanzas musicais dirixidas a diferentes idades e niveis formativos. A oferta inclúe especialidades instrumentais e vocais, linguaxe musical e Música e Movemento para crianzas de entre 4 e 7 anos.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 18 ata o 22 de maio de 2026. As solicitudes e a información completa poden consultarse na web oficial da escola: Escola Municipal de Música da Coruña

A Escola Municipal de Música está dirixida a persoas de todas as idades e constitúe unha oportunidade para iniciar ou continuar a formación musical nun contexto educativo e cultural aberto á cidadanía.

Entre as especialidades e actividades ofertadas destacan:

  • Piano
  • Guitarra
  • Violín
  • Violonchelo
  • Percusión
  • Canto
  • Linguaxe musical
  • Música e Movemento

Para máis información sobre funcionamento, horarios e estudos dispoñibles, pode consultarse tamén o apartado de información xeral da escola: Información xeral da Escola Municipal de Música

mércores, 6 de maio de 2026

Acceso e admisión ás ensinanzas superiores de Música, curso 2026-2027

 Se estás en 2º de Bacharelato ou rematando un Ciclo Formativo, debes saber que xa saíu a convocatoria para as probas de acceso ao Grao Superior de Música en Galicia para o vindeiro curso 2026-2027.  



Que é o Grao Superior de Música?

Equivale, a todos os efectos, a un Grao Universitario. Son catro anos de formación intensa onde te especializas ao máis alto nivel. En Galicia, temos a sorte de contar con dous centros de referencia:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM Coruña): ¡Témolo aquí ao lado, en Riazor!

  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Datas clave. Inscrición para as probas (na web https://www.edu.xunta.gal/eas.): 

  • do 28 de abril ao 21 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas que reúnan os requisitos académicos de acceso.
  • do 28 de abril ao 15 de maio de 2026, ambos os dous incluídos, para as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade.
  • *PROBA ACREDITATIVA DAS COMPETENCIAS CLAVE DO BACHARELATOpara as persoas maiores de 16 que, sen reunir os requisitos académicos de acceso, manifesten precocidade. Data e lugar de realización26 de maio de 2026, no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Que necesito para presentarme?

Para acceder a estes estudos, normalmente precísanse dous requisitos:

  1. Académico: Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivaente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.. Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán inscribirse no procedemento de acceso e admisión e realizar a devandita proba. No caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez acrediten estar en condicións para a obtención do título de bacharelato antes da adxudicación das prazas na ensinanza artística superior correspondente.

    • ¿Non tes o Bacharelato? Non te preocupes, se tes máis de 18 anos hai unha proba específica de madurez (que se fará o 4 de xuño) para que poidas presentarte igualmente. 

    • Acceso para as persoas menores de idade a partir de 16 anos que manifesten precocidade: as persoas aspirantes nesta situación poderán acceder aos estudos de grao en ensinanzas artísticas superiores de Música sempre que acrediten, superando unha proba, ter acadado o desenvolvemento das competencias clave previsto ao finalizar o bacharelato. 

  2. Específico: Superar a proba de acceso. Aquí demostrarás o dominio do instrumento, a túa capacidade auditiva e os teus coñecementos teóricos.

Pasos a seguir agora mesmo:

  1. Elixe a especialidade: Interpretación (o teu instrumento), Composición, Pedagoxía, Produción e Xestión... Investiga que camiño che motiva máis.

  2. Consulta o repertorio: Cada conservatorio publica as obras que debes preparar para o exame. Mira a web do CSM da Coruña.

  3. Prepara a documentación: Lembra que o proceso adoita ser telemático a través da aplicación da Xunta de Galicia.

MÁIS INFO: 
https://centros.edu.xunta.gal/cmuscoruna/Probas-de-acceso 
E no propio Conservatorio Profesional de Música da Coruña  
Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2026-2027

  Se o teu é a música, se pasas o día cos cascos postos ou se tes un instrumento collendo po na casa e queres levalo ao seguinte nivel, debes saber que o Conservatorio Profesional de Música da Coruña (CMUS) acaba de abrir o proceso para as probas de acceso do curso 2026-2027.

 


Aquí tes as claves para que non se che pase o prazo:

Que podes estudar?

O CMUS ofrece unha variedade enorme de especialidades (piano, guitarra, violín, vento, percusión...). Dependendo da túa idade e experiencia, podes optar a:

  • Grao Elemental: Ideal para os máis novos ou quen empeza de cero (4 cursos).

  • Grao Profesional: Para o alumnado de secundaria. Son 6 cursos nos que saes cunha formación técnica e artística de alto nivel. Podes acceder directamente a 1º ou a calquera outro curso intermedio se tes os coñecementos necesarios.

Datas a anotar (Calendario 2026)

  1.  Inscrición: Do 14 ao 30 de abril. É o prazo para presentar a solicitude en http://www.cmusprofesionalcoruna.es .

  2. Probas de acceso:

    • Grao Profesional (1º) : Do 20/04/2026 ao 24/05/2026 (de balde).

    • Grao Elemental (1º) : Do 20/04/2026 ao 13/05/2026 (34 euros).

  3. Matrícula: Unha vez que saian as listaxes de admitidos/as, terás que formalizar a túa praza en xullo (profesional) ou setembro (elemental).

Que teñen en conta nas probas?

Se vas para o Grao Profesional, que é o que máis vos pode interesar no instituto, a proba adoita ter dúas partes:

  • Interpretación: Tes que tocar pezas do teu instrumento ante un tribunal.

  • Linguaxe Musical: Unha proba teórica e auditiva para comprobar o teu nivel de ritmo, entoación e teoría.

💡 Pasos a seguir agora mesmo:

  1. Consulta a web oficial: Entra en www.cmuscoruna.org para ver os contidos específicos de cada proba. É fundamental saber que obras ou escalas che van pedir.

  2. Prepara a documentación: Terás que cubrir un impreso de solicitude e pagar unha taxa de exame (hai bonificacións se tes familia numerosa, por exemplo).

  3. Fala co teu profe de música: Se tes dúbidas sobre o teu nivel, os profes de música do instituto poden botarche un cabo para orientarte sobre a que curso presentarte.

Máis info

 Páxina web:

www.cmusprofesionalcoruna.es

Conservatorio Profesional de Música da Coruña  

Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2026-2027

 Se che apaixona o movemento, a música e a expresión corporal, debes saber que o Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña acaba de anunciar as datas para as probas de acceso do vindeiro curso 2026-2027.


Tanto se estás pensando en comezar desde cero como se xa tes formación e queres profesionalizarte neste ámbito, podes facelo na cidade.

Que niveis se ofrecen?

Dependendo da idade e coñecementos previos, podes inscribirte en:

  • Iniciación: Un primeiro contacto co mundo da danza a través do xogo e a musicalidade (mínimo 7 anos).

  • Grao Elemental: 4 cursos para asentar as bases. É necesario superar unha proba de acceso (mínimo 8 anos).

  • Grao Profesional: 6 cursos para unha formación profunda. Podes acceder ao primeiro curso ou a cursos intermedios se demostras o nivel necesario.

Datas clave para as probas

  • Luns, 8 de xuño (16:30 h): Iniciación e Grao Elemental.

  • Martes, 9 de xuño (16:00 h): 1º de Grao Profesional.

  • Mércores, 10 de xuño (16:30 h): Outros cursos de Grao Profesional.

Preinscripción

A preinscrición é obrigatoria e podes facela ata o día anterior á proba. Tes dúas vías:

  1. Por teléfono: Chamando ao 981 14 15 81 (horario de 16:00 a 21:00 h).

  2. Por correo electrónico: Envía un email a conservatorio.danza@dacoruna.gal cos seguintes datos:

    • Nome e apelidos.

    • Data de nacemento.

    • Persoa responsable e teléfonos de contacto.

    • Curso ao que te presentas.

Máis infro: www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

E no propio Conservatorio: Casa Martelo (Rúa Franxa, 14).


martes, 5 de maio de 2026

III Feira de Educación, Formación e Emprego

 O vindeiro xoves 7 de maio, o alumnado de 4º de ESO participará nunha actividade clave dentro do plan de orientación académica e profesional do centro: a visita á III Feira de Educación, Formación e Emprego, que se celebrará en ExpoCoruña.


Esta iniciativa constitúe un espazo de encontro directo coas diferentes opcións formativas e saídas profesionais dispoñibles ao remate da etapa obrigatoria. A asistencia realizarase en horario de mañá, entre as 11:00 e as 12:45, permitindo ao alumnado explorar de maneira práctica e contextualizada os distintos itinerarios formativos.

A feira contará con máis de 40 expositores, entre os que destacan unha vintena de centros públicos, cunha presenza especialmente relevante da Formación Profesional. Estes centros achegarán equipamento técnico e simuladores que facilitarán a realización de pequenas prácticas, ofrecendo unha aproximación realista ás ensinanzas.

Ademais, estarán representadas as tres universidades públicas galegas —Universidade de Santiago de CompostelaUniversidade da Coruña e Universidade de Vigo— xunto con outras institucións como Universidade Intercontinental da EmpresaUniversidade Europea de Madrid e a UNED.

A oferta complétase coa participación de ensinanzas de réxime especial, como a Escola de Arte Superior de Deseño Pablo Picasso, as escolas oficiais de idiomas e os conservatorios profesionais de danza e música, que ademais ofrecerán actuacións a cargo do seu alumnado.

Tamén estarán presentes diferentes colexios profesionais e institucións vinculadas á seguridade e defensa, como a Policía Nacional, a Garda Civil e as Forzas Armadas, ampliando así o abano de opcións profesionais que o alumnado pode considerar.

Cómpre salientar que as familias tamén poden visitar a feira en horario de tarde, de 16:00 a 19:00, con acceso gratuíto. Trátase dunha excelente oportunidade para acompañar o proceso de toma de decisións académicas e profesionais, favorecendo un diálogo informado e reflexivo no ámbito familiar.



Recoméndase ao alumnado acudir con actitude activa, formular preguntas, participar nas actividades propostas e recoller información relevante que poida contribuír á súa futura elección formativa. Este tipo de experiencias permiten avanzar cara a unha orientación máis consciente, axustada aos intereses, capacidades e expectativas persoais.

Imaxes da celebración da Feira en Lugo (marzo 2026)

mércores, 25 de marzo de 2026

 

O alumnado interesado en mellorar a súa competencia lingüística en inglés ten a posibilidade de acceder ás Bolsas Eurolingua, unha convocatoria que promove estadías formativas no estranxeiro combinando aprendizaxe do idioma e experiencia cultural.


Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2026, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.

Inscricións:
Ata o 16/04/2026.

Que ofrecen estas bolsas? As Bolsas Eurolingua inclúen:

  • Curso de inglés en destino internacional
  • Actividades culturais complementarias
  • Aloxamento e manutención
  • Programa estruturado de inmersión lingüística
Estas bolsas están orientadas a alumnado novo que desexe reforzar as súas habilidades comunicativas en inglés nun contexto real, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento persoal, a autonomía e a convivencia intercultural.

Este tipo de experiencia resulta especialmente relevante para o alumnado que está a valorar continuar a súa formación académica ou profesional en ámbitos nos que a competencia en linguas estranxeiras constitúe un requisito clave.


Por que é interesante participar? A participación neste programa permite:

  • Mellorar a competencia comunicativa en inglés en contextos reais
  • Desenvolver habilidades sociais e de autonomía persoal
  • Coñecer outras culturas e sistemas educativos
  • Incrementar a empregabilidade futura


A quen van dirixidas?. Requisitos:

  • Ter nacido con anterioridade ao 31 decembro de 2011
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE
  • Estar matriculado no curso escolar 2025-2026 en algún dos seguintes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria oficial (grao, máster e/ou doutorado) en calquera punto de España.
  • Ter una media do expediente académico de, polo menos, 6 puntos
  • Non ter gozado desta bolsa con anterioridade
  • Recoméndase revisar con detalle os criterios de acceso, prazos e documentación requirida para a solicitude.


Remuneración / Dotación:

A bolsa cubre o 100% dos gastos do Programa (agás o billete de avión de ida e volta ao lugar de destino do curso que correrá a conta de cada participante): aloxamento en familia ou residencia/apartamentos, programa de 20 clases de inglés semanais e material didáctico, programa de actividades culturais e visitas, supervisión por monitores de Eurolingua no destino.


Páxina web:

www.becaseurolingua.com

Contacto:

EuroLingua VenaIrlanda S.L.

C/ Huertas, 1-3, 1º B (15003 - A Coruña) 

Tel.: 981 257 290 - 638 091 113 (whatsapp) 

correo-e: info@becaseurolingua.com

MÁIS INFO:

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/bolsas-e-axudas/detalle-bolsas/13-convocatoria-bolsas-eurolingua/suceso/1453914122919

mércores, 18 de febreiro de 2026

Cursos online de inglés e portugués do programa Desafíos Jovens

 A D.X. Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, convoca cursos DE BALDE de formación en Inglés Laboral (niveis básico e intermedio) e Portugués (niveis A1/A2, B1 e B2) dirixidos á mocidade de Galicia e Portugal, no marco do programa Desafíos Jovens de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

As persoas destinatarias son mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.



ITINERARIOS: 

CURSOS DE INGLES LABORAL: NIVEL BÁSICO e NIVEL INTERMEDIO (2 edicións) 

1ª Edición: 

Duración: 20 horas

Prazas: 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio

Datas: do 03/03/2026  ao 19/05/2026

Horario: martes e xoves (10:00-11:00 h nivel básico e 11:30-12:30 h nivel intermedio)


2ª Edición: 

Duración: 40 horas

Prazas: 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio

Datas: do 01/09/2026 ao 24/11/2026 (nivel básico) e 26/11/2026 (nivel intermedio)

Horario: martes 18:00-19:30 h (nivel básico) e xoves 17:30-19:00 h (nivel intermedio)

*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.


CURSOS LINGUA PORTUGUESA: niveis A1/A2, B1 e B2

Duración: 75 h ou 80 h, segundo o nivel 

Prazas: 200 prazas

Datas: do 02/03/2026 ao 05/05/2026

*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.


MODALIDADE: teleformación

INSCRICIÓN: do 11 ao 20 de febreiro de 2026 mediante formulario electrónico dispoñible en https://xuventude.xunta.gal  (admisión por rigoroso orde de inscrición)

MÁIS INFO: 

https://xuventude.xunta.gal/gl/desafios-jovens

Dirección Xeral de Xuventude

Edif. Adm. San Lázaro, planta 0 (15707 - Santiago de Compotela)

correo-e: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

xoves, 12 de febreiro de 2026

2400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2026

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración no mes de xullo de 2026.


Inscricións:

  • Ata o 05/03/2026 ás 15:00 horas.
Duración:

  • 1 semana entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.

Prezo:

  • Para completar o prezo total do curso, os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009.
  • Estar matriculado no curso 2025-2026 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

Bacharelato

Ensinos profesionais de música e danza

Grao medio de Formación Profesional

Grao medio de artes plásticas e deseño

Grao medio de ensinos deportivos

Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado

  • Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados no apartado anterior (convocatoria de bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2025-2026, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2024-2025, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Remuneración / Custo:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non se concederá contía algunha en concepto de traslado desde os domicilios ao centro de destino nin viceversa.

MÁIS INFO

www.educacionfpydeportes.gob.es

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17 , 28014 Madrid

Telf. 910 837 937

Publicación: BOE 05/02/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 884860

mércores, 4 de febreiro de 2026

647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en Canadá, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Francia, co obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado de bacharelato.

Inscripcions dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)

Duración:

3 semanas, entre finais de xullo e finais de agosto de 2026.


Precio:

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). Teranse en conta como criterios a nota media do expediente no curso 2024/25, a renda per cápita da unidade familiar, a condición de familia numerosa e a condición de persoa con discapacidade. 

O custo total de cada actividade inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de manutención e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.


Requisitos:

  • Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
  • Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO para as prazas ofertadas para 1º de bacharelato ou en 1º de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

MÁIS INFO:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 426 // 881 997 419

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica só para resolución de dúbidas que non figuren nas NOTAS INFORMATIVAS, documentos e guías de axuda publicadas nesta mesma páxina:

Horario de luns a venres: 9:00h - 14:30h

Email: axudasle@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 03/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B 

29 bolsas para participar no programa Idiomas do Mundo 2026

 O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, convoca o programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2026; axudas para realizar unha estadía en Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas.


Inscricións:

Ata o 13/02/2026

Duración:

4 semanas nos meses de xullo e/ou agosto de 2026.

O programa inclúe:

  • Estadía na República de Irlanda durante o período correspondente a catro semanas.
  • Curso preparatorio on-line, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en familias de acollida en destino ou en residencia de estudantes.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil.

Requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2025-2026.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.

Solicitudes:

1º. A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2026" na páxina web municipal. Logo de completar a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.

2º. A solicitude de participación no programa, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (presencial ou electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa. A inscrición en liña da ficha específica non terá en ningún caso valor de solicitude da bolsa se non se presenta nun rexistro. 

Remuneración / Dotación:

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.

Dous tipos de bolsas:

Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).

Bolsa parcial. As familias do alumnado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 - ext 10911

educacion@coruna.gal

Teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.

Publicación: BOP 30/01/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 883578

mércores, 21 de xaneiro de 2026

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de marzo e xuño de 2026.


Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

  • Ámbito científico-tecnolóxico, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Matemáticas, e de Tecnoloxía e Dixitalización.
  • Ámbito social, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Xeografía e Historia e de Educación en Valores Cívicos e Éticos.
  • Ámbito da comunicación, no que se integran os aspectos básicos do currículo referidos ás materias de Lingua Galega e Literatura, de Lingua Castelá e Literatura e de Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Requisitos:

- Ser maior de 18 anos ou facer esa idade no ano 2026.

- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.

- Non estar nin ter estado a cursar ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ordinaria nin de formación profesional básica no curso 2025-2026, agás as persoas matriculadas durante este curso na educación secundaria para persoas adultas, que poderán inscribirse nas probas se previamente cumpren as seguintes condicións:

. Ter solicitado a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.

. Así mesmo, para acudir á primeira convocatoria, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

PRAZO, FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

  • Convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2026, ambos os dous incluídos.

        20 de febreiro: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe             realizar a proba.

  • Convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos os dous incluídos.

        30 de abril: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e o centro en que debe realizar a proba.

* As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/ (código de procedemento ED540A), dirixido á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Na Coruña: EPAPU Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º. 15011- A Coruña. Tel.: 881 960 901

LUGARES, DATAS E HORARIO DE REALIZACIÓN PROBA

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. A relación dos centros educativos que actúen como sedes de exame publicaranse xunto coa lista de persoas admitidas e excluídas.

En sesións de mañá e tarde: de 9:00-13:15h e de 16:00-19:00h.

27 de marzo de 2026

5 de xuño de 2026

MÁIS INFO:

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento territorial da Coruña. Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar

R/ Vicente Ferrer, 2. 15008 - A Coruña

Tel.: 981 184 700 / 981 184 731

e-correo: educadultos@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 16/01/2026

Clases de español para persoas estranxeiras

 Estas clases, impartidas nas Bibliotecas Municipais Sagrada Familia e Ágora, están destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana que teñan dificultades para comunicarse en español. O seu obxectivo é unha mellora no manexo lingüístico das situacións cotiás e un achegamento, a través do idioma, á cultura local.

Cando:
Dende o 03/02/2026 ata o 11/06/2026

Requisitos:
As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse para cada cuadrimestre na propia biblioteca de forma presencial.

Inscricións:
Dende o 19/01/2026 ata o 03/02/2026

Horario:
Biblioteca Municipal Sagrada Familia:
  • Grupo I: Martes e xoves, de 18.00 a 19.00 h
  • Grupo II: Martes e xoves, de 19.00 a 20.00 h

Biblioteca Municipal Ágora:
  • Grupo I: Martes e xoves, 16.00 a 17.00 h
  • Grupo II: Martes e xoves, 17.00 a 18.00 h

Prezo:
Gratis



Páxina web:
coruna.gal/bibliotecas
Contacto:
Biblioteca Municipal Sagrada Familia
R/ Antonio Pereira, 1, baixo. 15007-  A Coruña
tel: 981 184 392
e-correo: bsagradaf@coruna.gal
Biblioteca Municipal Ágora
R/ Lugar Gramela, 17. 15011- A Coruña
tel: 981 189 886
e-correo: bagora@coruna.gal

martes, 23 de decembro de 2025

III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026)

 As III Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2026) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e ensinos Artísticos (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Dirixido a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP e que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás Anpas e persoas interesadas.



As xornadas organízanse en:

Cando:

  • Do 23 ao 25 de febreiro de 2026: CICLOS FORMATIVOS. VISITAS Aos CENTROS PÚBLICOS DE FP da cidade e á EASD Pablo Picasso.
  • O mércores 25 de febreiro, ás 17.30h: ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO EN GALICIA, na EASD Pablo Picasso R/ Os Pelamios, 2).
  • O luns 2 de marzo ás 17.30h : CHARLA SOBRE Os CICLOS DE FP BÁSICA, no Fórum Metropolitano (R/ Río Monelos, 1).

Acceso ás Xornadas:

O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas.

No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.

Requisitos:

A solicitude de inscrición en liña faiana directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición. IMPORTANTE: verifica que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario. Datas de inscripción: 

  • Do 19/01/2026 ao 06/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.
  • Do 26/01/2026 ao 6/02/2026, a las 14:00h, para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.

Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas. Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.

* Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña podes escribir a gestionim@edu.coruna.es.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo de Municipal de Educación

tel:  981 184 200 - ext. 10179  (de luns a venres de 9:00-14:00h)

e-correo: educacion@coruna.gal

Rede Municipal de Información Xuvenil

tel: 981 189 888 | 981 184 294 | 981 189 895

Telegram//Whatsapp: 606 362 366

e-correo: cmix@coruna.gal

xoves, 4 de decembro de 2025

Formación Profesional Acelerada: Convocatoria xaneiro-xuño

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de convocar o proceso de admisión para a 2ª edición da nova Formación Acelerada da FP. A FP Acelerada é un bloque coherente de módulos que dan lugar, a lo menos, a unha certificación académica e profesional. Concéntrase nun período curto de tempo, de 4 a 6 meses. 


Ofertaranse dúas edicións pro curso académico: a 1ª edición de setembro a xaneiro e a 2ª edición de xaneiro a xuño.

finalidade é obter unha cualificación de xeito rápido, acumular esta formación para obteren posteriormente un título, e facilitar o acceso ao emprego nos sectores clave para Galicia nos que existe plena inserción profesional.

Requisitos:

  • Para realizar unha formación acelerada será preciso ter dezaoito anos ou facelos no ano 2026 e cumprir os requisitos de acceso ao grao básico, medio ou superior segundo corresponda.
  • Acceso persoas con titulación estranxeira: os datos persoais e académicos da credencial de homologación ou da declaración responsable para inscrición condicionada teñen que coincidir cos da solicitude de admisión.

Calendario proceso de admisión Formación acelerada 2ª edición

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de decembro ás 9:00h até o  18 de decembro ás 13:00h de 2025.
  • Publicación de resolución provisional de solicitudes: 9 de xaneiro de 2026.
  • Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: do 9 de xaneiro ás 9:00h até o 13 de xaneiro ás 13:00h.
  • Resolución definitiva de solicitudes: 16 de xaneiro.
  • Período de selección polo centro educativo: do 14 ao 15 de xaneiro ás 12:00h.
  • Resolución das prazas adxudicadas e en espera: 16 de xaneiro.
  • Período de matrícula para a as persoas admitidas: do 16 de xaneiro ás 9:00h ao 23 de xaneiro ás 13:00h de 2026.
  • Adxudicación continuada (chamamento telefónico): do 26 de xaneiro ás 9:00h ao 30 de xaneiro ás 13:00h.
  • Pódense liberar prazas vacantes de Formación Acelerada até o 30 de xaneiro ás 13:00h.

Oferta

OFERTA DE FORMACIÓN ACELERADA 2ª EDICIÓN NA CORUÑA, 2025-2026



Páxina web:
www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

Contacto:
Departamento de Orientación de calquera centro público de Galicia con oferta de FP
Servizo de Xestión da Formación Profesional
tel: 881 997 408 / 881 996 559
e-correo: admision.ciclos@edu.xunta.gal

mércores, 12 de marzo de 2025

A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025. Estadías en Irlanda

 O CMIX informa: 

O Concello da Coruña convoca un mínimo de 29 bolsas do programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025, para realizar unha estadía de catro semanas en Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de 1º de Bacharelato.


Alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña.

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.

Remuneración / Dotación:

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan. 

  • Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
  • Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 65% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario e bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

O programa inclúe:

  • Estadía durante catro semanas, vivindo cunha familia ou nunha residencia de estudantes.
  • Curso preparatorio en liña, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Programa lectivo extraescolar e de ocio que incluirá actividades deportivas e culturais, así como unha visita semanal a un centro de interese histórico-cultural.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil. 

SOLICITUDE:

A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa " A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2025" na páxina web municipal de Educación. 

Logo de cubrir en liña a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.

A solicitude, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (rexistros presenciais ou rexistro electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa (LPACAP).

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 - ext 10911

Correo electrónico educacion@coruna.gal 

Teléfono de información cidadá 010 

Publicación: BOP 10/03/2025


mércores, 12 de febreiro de 2025

Bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no mes de xullo de 2025

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en España, para estudantado de bacharelato, de grao medio de FP, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinos Deportivos, de Ensinos Profesionais de Música e Danza e de idiomas de nivel intermedio e avanzado.


Inscricións:

Dende o 12/02/2025 ata o 13/03/2025 ás 15.00 horas

Duración:

1 semana no mes de xullo de 2025.

Prezo:

Para completar o prezo total do curso, o alumnado aboaralle 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato. O traslado desde o domicilio ao centro de destino, e viceversa, será por conta das persoas interesadas.

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.
  • Estar matriculada/o no curso 2024-2025 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinos profesionais de música e danza; Grao medio de Formación Profesional Grao medio de Artes Plásticas e Deseño; Grao medio de ensinos deportivos; Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  • Obter no curso 2024-2025 unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2023-2024, na data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculadas/os en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Remuneración / Dotación:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade que se desenvolverá en réxime de internado e pensión completa.

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Calle Los Madrazo, 17, 28014 Madrid

Tel.: 910 837 937

Publicación: BOE 11/02/2025 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (identif.): 813674

Cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4

 A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos presenciais e en liña, de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados (Celga), niveis 2, 3 e 4.



Inscricións:

Dende o 10/02/2025 ata o 28/02/2025

Duración:

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

Prezo:

De balde.

Requisitos:

  • Persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral da Lingua convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua.
  • Ao seleccionar a persoa interesada o curso en que desexa inscribirse, o sistema pediralle que realice unha proba de nivel para verificar que ese curso é o que mellor se adapta aos seus coñecementos previos de lingua galega. Só haberá un intento por cada nivel. Se o resultado da proba é apto, este actuará como criterio de preferencia á hora de asignar as prazas do curso cando o número destas sexa menor ca o de solicitantes. As persoas que non superen a proba poderán igualmente inscribirse no curso, ben que non terán preferencia na asignación das prazas.
  • Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.
  • As persoas solicitantes dun curso en liña deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos: Un ordenador con conexión á internet (de banda larga). Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox). Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición. Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

Páxina web:

www.lingua.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Secretaría Xeral de Política Lingüística

Gabinete Provincial de Normalización Lingüística da Coruña

Edificio Administrativo de Monelos. Avenida Vicente Ferrer, 2, 7º andar. A Coruña

Teléfono: 981 184 720 / 981 182 350 / 981 184 898

Enderezo electrónico: sxpl.acoruna@xunta.gal

Publicación: DOG 07/02/2025

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027

  Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao med...