luns, 25 de marzo de 2024

Bolsas de estudos para o curso próximo, válidas para ensinos postobrigatorios

 O Ministerio de Educación convoca as bolsas de estudos para o curso próximo, válidas para ensinos postobrigatorios con validez en todo o territorio nacional.


Poderán solicitar as bolsas desta convocatoria estudantes que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas dos seguintes ensinos:

1. Ensinos postobligatorios e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
c) Ensinos artísticos profesionais.
d) Ensinos deportivos.
e) Ensinos artísticos superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de formación profesional.
i) Ciclos Formativos de Grao Básico.

2. Ensinos universitarios do sistema universitario español cursadas en centros españois e con validez en todo o territorio nacional:

a) Ensinos universitarios conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da defensa e da garda civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.

Podes consultar os sompoñentes das bolsas e contías das non universitarias aquí e das universitarias aquí.


prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 19 de marzo ata o 10 de maio, ás 15:00 horas

Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, ou non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

Podedes facer as vosas solicitudes neste enlace 


VÍDEOS EXPLICATIVOS:




PÁXINA WEB:
www.becaseducacion.gob.es

CONTACTO:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Teléfono Oficina de Atención ao Cidadán: 910 837 937 / 060

Unidades de bolsas

Publicación:

BOE 28/02/2024 Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 08/03/2024 Correción de erros do Real Decreto 201/2024, de 27 de febreiro, polo que se establecen os umbrais de renta e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025.

BOE 15/03/2024 Extracto da Resolución de 13 de marzo de 2024 da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2024-2025 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 749075 (convocatoria)

Xornadas de orientación artística e profesional (XOAP 2024)

 As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

Están dirixidas a alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e F.P. que desexen coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade da Coruña.

As datas das ditas Xornadas son o 15, 16 17 e 22 de abril de 2024.

  • O 15 de abril: presentación dos Estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
  • Do 15, 16, 17 e 22 de abril: visitas aos centros públicos de FP da cidade e a EASD Pablo Picasso para coñecer a súa oferta de ciclos formativos.
  • O luns 22 de abril: presentación dos ciclos de FP Básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1)

Organízanse como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.

O alumnado asistente recibirá a guía TI ELIXES 2024, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego.



Acceso ás Xornadas

O prazo de inscrición  será do 1 a 8 de abril, ás 14.00 h, para o alumnado matriculado en centros da cidade.

A solicitude en liña farána directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través da ficha de inscrición (no QR dos carteis que temos colgados no centro, ou https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoup-2024/contenido/1453839255943), indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas ás que quere acudir, así como os datos persoais. 

Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, no cal se incorpora a credencial de acceso ás XOAP. Este PDF envíase ao correo electrónico indicado no formulario. O alumnado ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás XOAP. A organización pode solicitar que a acode asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.



As sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no noso canal de youtube: 

https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4 

BOLETÍN 18-24 MARZO

 

venres, 15 de marzo de 2024

Lingua de namorar 2024



Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e máis pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos) só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do concurso:

http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na categoría C (exclusiva para Instagram) cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación engadirase o cancelo #LinguaDeNamorar. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes, cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

Categorías de idade e premios

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade A e B:

- 1º Patinete eléctrico
- 2º Altofalante bluetooth JBL
- 3º Cascos sen fíos

Establécese un premio para a categoría C:

- 1º Patinete eléctrico

Prazos de participación e votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o 1 de abril.

Do 2 ao 7 de abril abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas nas categorías A e B deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto na páxina do concurso.

No caso da nova categoría C a mensaxe gañadora seleccionarase en dúas fases:

1. O xurado do concurso fará unha preselección de 6 mensaxes de entre todas as presentadas en prazo e que respecten o indicado nestas bases.

2. O 15 de abril daranse a coñecer as 6 mensaxes preseleccionadas polo xurado, que concorrerán á votación final do público do 16 ao 21 de abril. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade un maior número de gústame por parte do público. No caso de que exista empate entre dúas ou máis mensaxes prevalecerán no cómputo o número de gústame dados por parte de seguidores/as de @xuventudegalicia e @linguagalega. A organización reserva para si o dereito de establecer calquera outro procedemento de desempate.

Resolución do concurso

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 24 de abril. Tanto as mensaxes gañadoras como finalistas daranse a coñecer publicamente en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar e nos IG @XuventudeGalicia e @LinguaGalega.

Entrega de premios

A data da entrega de premios publicarase nesta páxina web con antelación suficiente á súa realización.

Certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4


A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio e xuño de 2024.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2024

Máis información no DOG do 13 de marzo de 2024 e en www.lingua.gal 

PRIMAVERA XOVE


A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan,tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible nesta web.

o formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 Formulario de 14 a 17 anos

 

 

Consulta aquí a toda a información do programa

sábado, 2 de marzo de 2024

Campos de voluntariado no estranxeiro

Xa está aberta a convocatoria para solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro.

Apertura do prazo de solicitude: 29 de febreiro, ás 9:00 h. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotar as prazas.

COMO SOLICITAR A TÚA PRAZA

A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

ADXUDICACIÓN DE PRAZA

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

IMPORTANTE:

  1. Unha vez adxudicada a praza recibirás un correo electrónico coas instruccións para o pagamento da cota de participación e para formalizar a inscrición máis toda a documentación que deberás presentar cuberta e asinada no prazo de 2 días hábiles que contarán desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.
  2. Toda a documentación deberase enviar por correo electrónico ao enderezo: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
  3. Unha vez recibida e revisada esta documentación, confirmaremos por correo electrónico a súa validación e polo tanto a finalización do proceso de inscrición. A partir deste momento poderás considerarte correctamente inscrito/a.

exclamacionRECOMENDAMOS esperar a recibir este correo electrónico antes de xestionar a compra das pasaxes necesarias para chegar ao punto de encontro.

Se xurdira un imprevisto que che impida participar no campo de voluntariado deberás comunicar a renuncia o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar así a participación doutra persoa nese campo. Correo electrónico: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal

Hai que ter presente que a NON comunicación dunha renuncia impedirá a participación doutras persoas que poideran estar interesadas.

COTA DE PARTICIPACIÓN

A cota de participación é de 110€ (82,50€ no caso de acollerse a algún dos descontos).

Descontos (non acumulables):

  • Carné xove: -25% na cota de participación.
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación.
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación. 

Esta cota de participación inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos unha vez producida a incorporación ao campo e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Lembra que, se es titular de Carné xove (debidamente activado), co teu carné tes asociado un seguro de asistencia en viaxe. Podes consultar toda a información en: carnexove.xunta.gal 

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados pola viaxe (ida e volta) ata o lugar de celebración do campo, que correrán a cargo da persoa voluntaria.
  • cota extra de participación naqueles casos onde se estableza pola organización estranxeira.

exclamacion

Algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou COTA EXTRA que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á CHEGADA O CAMPO, salvo indicación contraria. Esta cota extra que aplican discrecionalmente algunhas organizacións estranxeiras, especifícase na ficha informativa de cada campo de voluntariado.

ACLARACIÓN: as persoas galegas que soliciten un campo de voluntariado da organización armenia HUJ, estarán exentas de pagar a cota extra especificacada para os seus campos.

RECOMENDACIONS

Á hora de realizar unha viaxe ao estraxeiro, recomendámosche consultar os seguintes apartados do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e do Ministerio de Sanidade:

BOLETÍN 06-12 MAIO