Amosando publicacións coa etiqueta Lecer. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lecer. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música da Coruña para o curso 2026-2027

 Xa está aberto o prazo de preinscrición para acceder á Escola Municipal de Música da Coruña no curso 2026-2027.


O Concello da Coruña oferta máis de 200 prazas para alumnado de novo ingreso en ensinanzas musicais dirixidas a diferentes idades e niveis formativos. A oferta inclúe especialidades instrumentais e vocais, linguaxe musical e Música e Movemento para crianzas de entre 4 e 7 anos.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 18 ata o 22 de maio de 2026. As solicitudes e a información completa poden consultarse na web oficial da escola: Escola Municipal de Música da Coruña

A Escola Municipal de Música está dirixida a persoas de todas as idades e constitúe unha oportunidade para iniciar ou continuar a formación musical nun contexto educativo e cultural aberto á cidadanía.

Entre as especialidades e actividades ofertadas destacan:

  • Piano
  • Guitarra
  • Violín
  • Violonchelo
  • Percusión
  • Canto
  • Linguaxe musical
  • Música e Movemento

Para máis información sobre funcionamento, horarios e estudos dispoñibles, pode consultarse tamén o apartado de información xeral da escola: Información xeral da Escola Municipal de Música

xoves, 16 de abril de 2026

Acción de Verán 2026

 A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a oferta de prazas xuvenís dentro da programación da Campaña de verán, e ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.


Inscricións
:
Dende o 16/04/2026 ata o 29/04/2026

Duración:
Durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2026.

Prezo:
Entre 92,50 e 284,50 euros según a actividade escollida.

Descontos: 50% con título de familia numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 %. Os descontos en ningún caso serán acumulables.

A convocatoria inclúe:

  • Campamentos en Galicia.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

As persoas participantes nas actividades disporán dos seguintes servizos:

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil, campamento xuvenil ou aloxamento turístico.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída. 

Requisitos:
  • Persoas mozas residentes en Galicia de entre 9 e 17 anos.
  • O/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
  • As persoas nacidas no ano 2017 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2008 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. 
  • Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
  • As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% deben optar, de conformidade co sinalado no apartado "Como presentar a solicitude", polas prazas do procedemento xeral ou polas prazas reservadas para inclusión. Para tal efecto, deberán indicar na solicitude se solicitan ou non unha praza reservada para inclusión.
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
MÁIS INFO:
https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran

Dirección Xeral de Xuventude. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0, 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 99 90 25/ 981 54 52 93/ 881 99 93 14/ 981 54 01 22

Departamento Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Rúa Vicente Ferrer, 2, 3 15071 A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 38/ 881 88 12 39/ 881 88 12 40/ 881 88 12 41

Publicación: DOG 15/04/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal) Procedemento BS303A

mércores, 25 de marzo de 2026

 

O alumnado interesado en mellorar a súa competencia lingüística en inglés ten a posibilidade de acceder ás Bolsas Eurolingua, unha convocatoria que promove estadías formativas no estranxeiro combinando aprendizaxe do idioma e experiencia cultural.


Eurolingua Venairlanda convoca 20 bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda de 2 semanas de duración, durante o verán de 2026, nun programa de inmersión lingüística dirixido a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou FP.

Inscricións:
Ata o 16/04/2026.

Que ofrecen estas bolsas? As Bolsas Eurolingua inclúen:

  • Curso de inglés en destino internacional
  • Actividades culturais complementarias
  • Aloxamento e manutención
  • Programa estruturado de inmersión lingüística
Estas bolsas están orientadas a alumnado novo que desexe reforzar as súas habilidades comunicativas en inglés nun contexto real, favorecendo ao mesmo tempo o desenvolvemento persoal, a autonomía e a convivencia intercultural.

Este tipo de experiencia resulta especialmente relevante para o alumnado que está a valorar continuar a súa formación académica ou profesional en ámbitos nos que a competencia en linguas estranxeiras constitúe un requisito clave.


Por que é interesante participar? A participación neste programa permite:

  • Mellorar a competencia comunicativa en inglés en contextos reais
  • Desenvolver habilidades sociais e de autonomía persoal
  • Coñecer outras culturas e sistemas educativos
  • Incrementar a empregabilidade futura


A quen van dirixidas?. Requisitos:

  • Ter nacido con anterioridade ao 31 decembro de 2011
  • Ter nacionalidade de calquera país da UE
  • Estar matriculado no curso escolar 2025-2026 en algún dos seguintes estudos: Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria oficial (grao, máster e/ou doutorado) en calquera punto de España.
  • Ter una media do expediente académico de, polo menos, 6 puntos
  • Non ter gozado desta bolsa con anterioridade
  • Recoméndase revisar con detalle os criterios de acceso, prazos e documentación requirida para a solicitude.


Remuneración / Dotación:

A bolsa cubre o 100% dos gastos do Programa (agás o billete de avión de ida e volta ao lugar de destino do curso que correrá a conta de cada participante): aloxamento en familia ou residencia/apartamentos, programa de 20 clases de inglés semanais e material didáctico, programa de actividades culturais e visitas, supervisión por monitores de Eurolingua no destino.


Páxina web:

www.becaseurolingua.com

Contacto:

EuroLingua VenaIrlanda S.L.

C/ Huertas, 1-3, 1º B (15003 - A Coruña) 

Tel.: 981 257 290 - 638 091 113 (whatsapp) 

correo-e: info@becaseurolingua.com

MÁIS INFO:

https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/convocatorias/bolsas-e-axudas/detalle-bolsas/13-convocatoria-bolsas-eurolingua/suceso/1453914122919

mércores, 18 de febreiro de 2026

Cursos online de inglés e portugués do programa Desafíos Jovens

 A D.X. Xuventude, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, convoca cursos DE BALDE de formación en Inglés Laboral (niveis básico e intermedio) e Portugués (niveis A1/A2, B1 e B2) dirixidos á mocidade de Galicia e Portugal, no marco do programa Desafíos Jovens de cooperación transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

As persoas destinatarias son mozos e mozas residentes en Galicia ou Portugal que teñan unha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos no momento de iniciar o curso.



ITINERARIOS: 

CURSOS DE INGLES LABORAL: NIVEL BÁSICO e NIVEL INTERMEDIO (2 edicións) 

1ª Edición: 

Duración: 20 horas

Prazas: 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio

Datas: do 03/03/2026  ao 19/05/2026

Horario: martes e xoves (10:00-11:00 h nivel básico e 11:30-12:30 h nivel intermedio)


2ª Edición: 

Duración: 40 horas

Prazas: 20 para nivel básico e 20 para nivel intermedio

Datas: do 01/09/2026 ao 24/11/2026 (nivel básico) e 26/11/2026 (nivel intermedio)

Horario: martes 18:00-19:30 h (nivel básico) e xoves 17:30-19:00 h (nivel intermedio)

*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.


CURSOS LINGUA PORTUGUESA: niveis A1/A2, B1 e B2

Duración: 75 h ou 80 h, segundo o nivel 

Prazas: 200 prazas

Datas: do 02/03/2026 ao 05/05/2026

*O horario e o contido das clases están suxeitos a cambios, en función do desenvolvemento de cada curso.


MODALIDADE: teleformación

INSCRICIÓN: do 11 ao 20 de febreiro de 2026 mediante formulario electrónico dispoñible en https://xuventude.xunta.gal  (admisión por rigoroso orde de inscrición)

MÁIS INFO: 

https://xuventude.xunta.gal/gl/desafios-jovens

Dirección Xeral de Xuventude

Edif. Adm. San Lázaro, planta 0 (15707 - Santiago de Compotela)

correo-e: desafiosjovens.xuventude@xunta.gal

xoves, 12 de febreiro de 2026

2400 bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés en España durante o mes de xullo de 2026

 O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración no mes de xullo de 2026.


Inscricións:

  • Ata o 05/03/2026 ás 15:00 horas.
Duración:

  • 1 semana entre o 28 de xuño e o 25 de xullo de 2026.

Prezo:

  • Para completar o prezo total do curso, os alumnos abonarán necesariamente 100 euros á empresa que resulte adxudicataria do contrato.

Requisitos:

  • Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009.
  • Estar matriculado no curso 2025-2026 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

Bacharelato

Ensinos profesionais de música e danza

Grao medio de Formación Profesional

Grao medio de artes plásticas e deseño

Grao medio de ensinos deportivos

Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado

  • Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes nalgún dos estudos apuntados no apartado anterior (convocatoria de bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2025-2026, para estudantes que cursen estudos postobligatorios).
  • Ter aprobadas todas as materias do curso 2024-2025, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.

Remuneración / Custo:

A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Non se concederá contía algunha en concepto de traslado desde os domicilios ao centro de destino nin viceversa.

MÁIS INFO

www.educacionfpydeportes.gob.es

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Os Madrazo, 17 , 28014 Madrid

Telf. 910 837 937

Publicación: BOE 05/02/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 884860

mércores, 4 de febreiro de 2026

647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en Canadá, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Francia, co obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado de bacharelato.

Inscripcions dende o 4 de FEBREIRO ata o 3 de MARZO (incluído)

Duración:

3 semanas, entre finais de xullo e finais de agosto de 2026.


Precio:

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). Teranse en conta como criterios a nota media do expediente no curso 2024/25, a renda per cápita da unidade familiar, a condición de familia numerosa e a condición de persoa con discapacidade. 

O custo total de cada actividade inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de manutención e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.


Requisitos:

  • Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
  • Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO para as prazas ofertadas para 1º de bacharelato ou en 1º de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

MÁIS INFO:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 426 // 881 997 419

CONSULTAS

Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal

Atención telefónica só para resolución de dúbidas que non figuren nas NOTAS INFORMATIVAS, documentos e guías de axuda publicadas nesta mesma páxina:

Horario de luns a venres: 9:00h - 14:30h

Email: axudasle@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 03/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B 

29 bolsas para participar no programa Idiomas do Mundo 2026

 O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, convoca o programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2026; axudas para realizar unha estadía en Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas.


Inscricións:

Ata o 13/02/2026

Duración:

4 semanas nos meses de xullo e/ou agosto de 2026.

O programa inclúe:

  • Estadía na República de Irlanda durante o período correspondente a catro semanas.
  • Curso preparatorio on-line, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
  • Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
  • Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
  • Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en familias de acollida en destino ou en residencia de estudantes.
  • Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
  • Desenvolvemento dun programa lectivo extraescolar e de ocio.
  • Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
  • Seguimento e control por parte de persoal especializado.
  • Seguro de accidentes de responsabilidade civil.

Requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
  • Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2025-2026.
  • Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.

Solicitudes:

1º. A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2026" na páxina web municipal. Logo de completar a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.

2º. A solicitude de participación no programa, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (presencial ou electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa. A inscrición en liña da ficha específica non terá en ningún caso valor de solicitude da bolsa se non se presenta nun rexistro. 

Remuneración / Dotación:

A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.

Dous tipos de bolsas:

Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).

Bolsa parcial. As familias do alumnado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.

Páxina web:

www.coruna.gal/educacion

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tfno.: 981 184 200 - ext 10911

educacion@coruna.gal

Teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña.

Publicación: BOP 30/01/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 883578

sábado, 10 de maio de 2025

Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025

Apertura do prazo de preinscricións os días 13, 14 e 15 de maio (exclusivamente en liña, a través de coruna.gal/campamentos2025)


CAMPAMENTOS MOCIDADE 2025: PERSOAS DESTINATARIAS: 

Mozos e mozas de 12 a 17 anos (nados entre 2008 e 2013), organizados en grupos de idade. 

Poderán participar mozos e mozas con diversidade funcional (máximo 2 prazas por quenda), sempre que: (1) teñan capacidade de comunicación e participación nas actividades do campamento; (2) teñan unha mobilidade acorde coas características das actividades; (3) non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante a actividade.  

As persoas cun grao de discapacidade igual ou inferior ao 33% deberán indicalo no formulario de solicitude para planificar os apoios persoais necesarios. De resultar seleccionado/a no sorteo, a organización contactará coa familia para solicitar un informe médico que valore as adaptacións necesarias. 

HORARIO: 
De luns a venres, de 09:00 a 14:00 h (os días festivos non haberá campamento). 

ESPAZO DE REALIZACIÓN: 

Polideportivo Municipal de Labañou. 

 A actividade combinará esta sede fixa con saídas a distintos espazos urbanos para a realización de actividades ao aire libre. 

TRANSPORTE: Habilitarase un autobús que realizará unha ruta de ida e volta con 6 paradas establecidas pola organización. 

COTA DE INSCRICIÓN: Gratuíto (inclúe o transporte). 

TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES: 

Multideportivas e medio acuático: iniciación ao snorkel, kaiak, paddle surf, tiro con arco, deportes alternativos (kinball, floorball, ultimate), xogos deportivos na praia, deportes de equipo, etc. Lúdico-recreativas: xogos de rastrexo e de pistas, orientación, geocaching, obradoiros creativos, xogos de cooperación, etc. Medioambientais: sendeirismo polo contorno natural, roteiros de exploración e recollida de algas, elaboración de xogos con material de refugallo, etc. 

Outras datas importanes:
  • Publicación de listaxes provisionais: 23 de maio
  • Prazo de presentación de reclamacións: 26 e 27 de maio
  • Sorteo: 29 de maio ás 10:00 horas
  • Publicación de listaxes de admitidos/as: 2 de xuño
  • Prazo para realizar a inscrición e o pago: 3, 4, 5 e 6 de xuño
  • Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño

sábado, 3 de maio de 2025

Campos de Voluntariado en Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a Campaña de verán 2025, na que se inclúen as prazas en campos de voluntariado. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Duración entre 10 e 12 días.


Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:

1ª CONVOCATORIA: Prazo de solicitude do 2 ao 15 e maio. A apertura do formulario de solicitude será ás 9:00 horas e cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

2ª CONVOCATORIA: Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, o 20 de maio ás 9:00 h. abrirase de novo o formulario na web de Xuventude para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.

Inscricións:

Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025

2ª convocatoria: apertura o 20 de maio ás 9:00 h. 


Prezo:

110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, familia monoparental e familia de acollida). 

A cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das actividades propias e as de lecer e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.


Requisitos:

  • Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. É obrigatorio ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • O formulario de solicitude estará dispoñible na web de Xuventude.
  • Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a documentación cos seus datos persoais e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da dita documentación. O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de envío do correo electrónico. A documentación deberá achegarse por correo electrónico a un dos enderezos segundo o lugar onde se desenvolva o campo de voluntariado.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Teléfonos:  981 957 115 - 881 999 314

A CORUÑA: Servizo de Xuventude e Voluntariado

Teléfono: 881 881 238 - - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal

Campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal

Campaña de verán 2025. Campamentos en Galicia e noutras Comunidades

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a oferta de prazas xuvenís dentro da programación da Campaña de verán, e ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo. Quendas de entre 5 e 12 días durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2025.

A convocatoria inclúe:

A. Prazas polo procedemento xeral nas catro provincias galegas
B. Minicampamentos Coñece Galicia nas catro provincias 
C. Prazas reservadas para inclusión
D. Intercambios noutras comunidades autónomas (País Vasco, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Cantabria)

As persoas participantes nas actividades disporán dos seguintes servizos:

  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
  • Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil, campamento xuvenil ou aloxamento turístico.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
  • No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída. 

Inscricións:

Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prezo:

Entre 92,50 e 284,50 euros según a actividade escollida.

Descontos: 50% con título de familia numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 %. Os descontos en ningún caso serán acumulables.


Requisitos:

  • Persoas mozas residentes en Galicia de entre 9 e 17 anos.
  • O/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
  • As persoas nacidas no ano 2016 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2007 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. 
  • Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
  • As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
  • As persoas mozas con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar: procedemento xeral, minicampamentos, intercambios ou o procedemento das prazas reservadas de inclusión. 

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0, 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 99 90 25/ 981 54 52 93/ 881 99 93 14/ 981 54 01 22

Departamento Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4. A Coruña

Teléfonos: 881 88 12 38/ 881 88 12 39/ 881 88 12 40/ 881 88 12 41

Publicación: DOG 30/04/2025

Sede electrónica (sede.xunta.gal) Procedemento BS303A

xoves, 24 de abril de 2025

NOCTURNIA CORUÑA

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF ligado).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.


Segues con dúbidas? 

Consults calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Inscrición nas actividades dende o 21/04/2025 ás 16.00 h ata o 24/04/2025 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas.




Campus de Verán XuvenCiencia

 O Campamento Científico de Verán XuvenCiencia regresa ás facultades, laboratorios, aulas e espazos do Campus de Lugo da USC e ofrece 95 prazas para que estudantado de 3ª e 4ª da ESO, BAC e ciclos medios de FP se inicie na investigación tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.

Requisitos:

Alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP.

A idade máxima é 19 anos.

O proceso para participar consta de dúas fases: Preinscrición na páxina web do campus, e a Matrícula para as persoas admitidas.

Cando:

Dende o 29/06/2025 ata o 05/07/2025

Inscricións:

Dende o 09/05/2025 ata o 18/05/2025

Prezo:

250 €. A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, aloxamento e pensión completa, programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, material necesario para o Campus, seguro e diploma de participación da USC. Desde o domingo 29 de xuño ao sábado 5 de xullo nunha residencia universitaria, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.. O Campus de Verán XuvenCiencia inclúe prazas con aloxamento para todo o seu alumnado matriculado. 

Páxina web:

https://xuvenciencia.org/campus/gl/

Contacto:

XuvenCiencia - USC

Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es

Campas 360

 A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025 dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia de 12 e 30 anos, divididos en tramos de idade.


PRAZAS
: 420 prazas en 12 quendas (30-40 prazas/quenda) organizadas por tramos de idade

Requisitos:

Mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 30 anos no momento da solicitude.

As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e en acollemento residencial deberán indicar esta condición no formulario de solicitude. Tamén as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude.

Cando:

Dende o 02/05/2025 ata o 01/06/2025


PROGRAMAS e INSTALACIÓNS: 

  • Alberge Xuvenil LUG II (Lugo): Campas 360 Tecnoloxía
  • Albergue Xuvenil Marina Española (Sada): Campas 360 Emprendemento
  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa): Campas 360 Deporte


Inscricións:

Ata o 28/04/2025 ata as 22:00 h.


Solicitude de praza través do formulario de inscrición dispoñible na web https://xuventude.xunta.gal .Só se poderá elixir unha quenda (as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición)

Confirmación da praza solicitada por correo-e e, logo de recibido o correo-e de confirmación o/a participante terá un prazo de 48 h. para remitir a documentación requerida a campas360.xuventude@xunta.gal

Prezo:

25€ por praza (desconto do 25% para persoas pertencentes a familias numerosas ou monoparentais e titulares do carné xove: 18,75 €)

O programa inclúe:

  • Aloxamento en albergue xuvenil (noites de venres e sábado no caso de fins de semana).
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos.
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable e material preciso para o seu desenvolvemento.
  • O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Tel.: 981 544 840 

correo-e: campas360.xuventude@xunta.gal 

Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías socializadoras e de convivencia no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.


Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Inscricións:

Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025

Duración:

Quendas de 10 días.


Prezo:

125 euros. Descontos (non acumulables): 50 % para membros de familia numerosa ou familia monoparental, e 25 % para as persoas usuarias do Carné Xove.

Páxina web:

http://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Avenida Fernando de Casas Novas, 35. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 547 399, 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña

Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PR004A

domingo, 13 de abril de 2025

Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado financiado pola UE e pertencente ao programa Erasmus+, que permite á mocidade entre 18 e 30 anos realizar un programa de voluntariado nunha organización ou institución sen ánimo de lucro de Europa por un periodo de longa duración (ata 12 meses).



DATA:

23/04/2025 ás 13.00 h.

Prezo: de balde

Requisitos:

Inscrición previa en www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve (prazas limitadas)

Páxina web:

www.paideia.es/voluntariado-europeo

Contacto:

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 223 927

correo-e:  evs@paideia.es

www.facebook.com/VoluntariadoEuropeoPaideia

Actividades de abril nas Naves do Metrosidero

 


Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso


 

Información sobre mobilidade europea: Xoves de Achegas na Nave03: Tecendo Europa

Nesta actividade o concello compatirá información sobre as oportunidades de mobilidade que ofrecen os programas Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade.




Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027

  Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao med...