mércores, 29 de novembro de 2023

UNITOUR 2023

 Círculo Formación organiza unha nova edición de UNITOUR en PALEXCO, o próximo 20/12/2023 onde as diferentes universidades ou escolas participantes informarán e orientarán acerca da súa oferta académica.


O Departamento de Orientación e as persoas titoras acompañarán ao alumnado de Bacharelato a esta actividade. As FAMILIAS: poden tamén asistir ao longo de todo o día POLA SÚA CONTA  E EN HORARIO DE TARDE, sen necesidade de solicitar cita,  para informarse de todo o que desexen (tanto estudantes como familiares asistentes deberán rexistrarse online ao evento para poder participar no sorteo de becas universitarias). 

SORTEO: nesta edición sortearanse 5 bolsas de taxas de matrícula universitaria de 1º curso dun importe de ata 2.000 € cada unha. Poderán participar estudantes de último curso de Bacharelato ou de FP de grao superior, e tamén pais, nais ou titores legais do estudante (máximo de 2 por estudante) rexistrados online e que presenten o código QR de acceso á entrada do evento.

MÁIS INFORMACIÓN

www.unitour.es

correo-e: info@circuloformacion.es

www.unitour.es/preguntas-frecuentes

CENTROS  PARTICIPANTES

  • AFN Escuela de Pilotos
  • Canavia Escuela de Aviación
  • Centro Superior de Hostelería de Galicia
  • CESINE Centro Universitario
  • CESUGA University
  • CUNEF Universidad
  • ESADE Business & Law School
  • ESIC University
  • Export Students
  • IE University
  • IEB
  • IED - Istituto Europeo di Design
  • ISDE
  • LCI Barcelona, Escuela de Diseño y Artes Visuales
  • Les Roches Global Hospitallity Education
  • Resa - Residencias Universitarias
  • Residencia Novel Student
  • U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
  • UDIT Universidad de Diseño y Tecnología
  • UIC Barcelona
  • UNIDREAM
  • UNIE Universidad
  • Universidad Alfonso X El Sabio
  • Universidad Camilo José Cela
  • Universidad CEU San Pablo
  • Universidad de Deusto
  • Universidad de Navarra
  • Universidad de Salamanca
  • Universidad Europea (Campus de Madrid)
  • Universidad Europea del Atlántico
  • Universidad Francisco de Vitoria
  • Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE
  • Universidad Nebrija
  • Universidad Pontificia Comillas
  • Universidad Pontificia de Salamanca
  • Universidade da Coruña
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo
  • Universitat Pompeu Fabra Barcelona
  • Voxel School


martes, 28 de novembro de 2023

Olimpíada Informática Galega 2024

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo), organiza a Olimpíada Informática Galega 2024, que dá acceso á XXVIII Olimpíada Informática Española (OIE).


O obxectivo da Olimpíada, destinada a estudantes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina, tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para a formación integral da xuventude.

Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se tes menos de 20 anos o 1 de xullo de 2024.

Terá lugar de maneira presencial o sábado 3 de febreiro de 2024 pola mañá na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo (coa colaboración da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela).

A pre-inscripción está aberta ata o 15 de decembro e é un requisito para a posterior participación.

https://oig.gal/gl/olimpiada-informatica-galega-2023/ 

XUNTOS POLO NADAL

Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro, e no caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda ( do 24 de decembro ao 30 de decembro de 2023, ou do 31 de decembro ao 7 de xaneiro de 2024 se asi se solicita).


A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude.
 
-A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para os solicitantes de A Coruña e Ourense
 
-E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, 130 prazas para os solicitantes de Pontevedra e Lugo
 
O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.
 
As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: 
-ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, 
-estar empadroado nalgún concello galego, 
-vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, 
-valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
 
O programa inclúe os seguintes servizos:
-Estancia na residencia durante 15 dias (14 noites)
-Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
-Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
-Actividades de animación sociocultural.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 15 de decembro .
 
A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.
 
Máis información:
 
Bo nadal!!

mércores, 22 de novembro de 2023

TARXETA XENTE NOVA

 A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que te permite realizar viaxes interurbanas gratuítas EN TODA GALICIA!!! 

Ampliase o prazo para utilizala a todo o ano 2024.

Quen a pode utilizar? Mozos e mozas de entre 4 e 20 anos. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.

En que liñas de transporte se pode usar? Os/as menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público interurbano que depende da Xunta de Galicia, calquera que sexa a súa orixe e destino. 

tarxetaxentenova

Como conseguila?
Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.

Como recargala?
En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.

Como viaxar con ela?
Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de Abanca e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.

Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal ou no teléfono 988 687 800

Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova



Obradoiro "Coidando da nosa autoestima"

O Espazo Diverso organiza un obradoiro sobre autoestima dirixido público xuvenil e no que aprender ferramentas para coñecernos, aceptarnos e querernos tal e como somos. Imparte a psicóloga e sexóloga Sonia Martínez.


A autoestima é a capacidade que temos as persoas para valorarnos, e isto ten que ver coa autoconfianza e coa opinión xeral que temos de nós. Coidar dunha mesma é unha tarefa que dura toda á vida e merece dedicación, xa que unha autoestima saudable levámola con nós ás diferentes áreas da nosa vida. Ter una boa autoestima é o primeiro paso para a saúde emocional. 

CANDO:

Dende o 24/11/2023 ata o 01/12/2023

HORARIO:

de 18.00 a 20.30 h.

PREZO:

de balde

REQUISITOS:

Require inscrición previa no formulario online dispoñible en www.coruna.gal/igualdade

PÁXINA WEB:

www.coruna.gal/igualdade

CONTACTO:

Espazo Diverso

Centro Cívico Cidade Vella: Rúa Veeduría, 2. (15001 - A Coruña)

tel.: 981 189 889

correo-e: espazodiverso@coruna.gal

www.coruna.gal/igualdade/gl/servizos/espazo-diverso

BOLETÍN 20-26 DE NOVEMBRO

 

Xoves de achegas na Nave 03: pílula formativa "Que move o teu móbil?

Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizan no Espazo Xuvenil das Naves do Metrosidero as "Pílulas formativas: Xoves de achegas na Nave 03". Unha experiencia mensual de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos. 

Modera a actividade "Que move o teu móbil?"​: Jorge Castro Ruso. Comunicador especializado en mundos dixitais. Son realmente gratis as redes sociais? 

Eres un/unha fastfinger e non podes deixar de premer en todos os links que atopas? 
A túa felicidade mídese en likes? 
En que pensas cando subes ou envías unha foto? 
A quen lle fas máis caso, a internet ou á túa xente?...
 Achégate ao Espazo xuvenil Naves do Metrosidero"!
Clica na imaxe para saber máis!





BOLETÍN 06-12 MAIO