mércores, 20 de decembro de 2023

Chave 365 para a mocidade galega

 A mocidade galega xa pode solicitar de xeito presencial a Chave 365.

chave365video3

Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico.

A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil.

Onde podes solicitar a Chave 365?. A solicitude da chave podes facela presencialmente nos Espazos Xove que están situados nas seguintes localidades: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro.

Tamén se pode obter no Centro coordinador de información xuvenil, en Santiago de Compostela ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.

https://www.xunta.gal/chave365/solicitude

Bono deporte para a mocidade

 A Xunta de Galicia convoca o programa Bono deporte para axudar as familias nos gastos derivados da práctica deportiva dos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade e fomentar, consecuentemente, a práctica do deporte en idade escolar na Comunidade Autónoma.



O nome comercial e a localización dos establecementos comerciais, entidades deportivas ou prestadores de servizos adheridos ao programa Bono deporte faranse públicos na web www.bonodeporte.gal 

Cada bono terá un valor de 120 € e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.

Actividade subvencionable: a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024.


A validez dos bonos estenderase desde a súa descarga ata o 1 de xullo de 2024, salvo esgotamento previo do seu saldo.

Máis información no DOG do 11 de decembro de 2023 e en www.bonodeporte.gal 

BOLETÍN 18-24 DECEMBRO

 

mércores, 13 de decembro de 2023

Aquí tamén se fala. Campaña de dinamización lingüística


 

#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudiantil, con accións directas na contorna do alumnado. 

Este proxecto comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña e agora esténdese por diversos centros galegos.

Ademais, #aquítaménsefala pon especial atención á música e á cultura galega realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais.

Tes toda a información premendo na seguinte ligazón:

BOLETÍN 11-17 DECEMBRO

 

domingo, 3 de decembro de 2023

BOLETÍN 06-12 MAIO