mércores, 24 de abril de 2024

GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DO CONCELLO DE A CORUÑA

Con motivo da realización da edición 2024 das Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2024) organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, publícase a edición 2024 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade servir de apoio ao obxectivo destas xornadas e informar e asesorar ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos.

A recompilación da información foi realizada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, residencias universitarias, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...