mércores, 21 de febreiro de 2024

Título de bacharel para maiores de 20 anos

 A Xunta de Galicia convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio da materia de Artes

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2024.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2023/24.

Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 15 ao 28 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 26 de abril de 2024 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

As solicitudes poden tramitarse tamén en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información e exames de anos anteriores en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/3469
Publicado no DOG do 23 de febreiro de 2024

Ningún comentario:

Publicar un comentario

BOLETÍN 13-19 MAIO