Círculo Formación organiza unha nova edición de UNITOUR en PALEXCO, o próximo 20/12/2023 onde as diferentes universidades ou escolas participantes informarán e orientarán acerca da súa oferta académica.
O Departamento de Orientación e as persoas titoras acompañarán ao alumnado de Bacharelato a esta actividade. As FAMILIAS: poden tamén asistir ao longo de todo o día POLA SÚA CONTA E EN HORARIO DE TARDE, sen necesidade de solicitar cita, para informarse de todo o que desexen (tanto estudantes como familiares asistentes deberán rexistrarse online ao evento para poder participar no sorteo de becas universitarias).
SORTEO: nesta edición sortearanse 5 bolsas de taxas de matrícula universitaria de 1º curso dun importe de ata 2.000 € cada unha. Poderán participar estudantes de último curso de Bacharelato ou de FP de grao superior, e tamén pais, nais ou titores legais do estudante (máximo de 2 por estudante) rexistrados online e que presenten o código QR de acceso á entrada do evento.
MÁIS INFORMACIÓN
correo-e: info@circuloformacion.es
www.unitour.es/preguntas-frecuentes
CENTROS PARTICIPANTES:
- AFN Escuela de Pilotos
 - Canavia Escuela de Aviación
 - Centro Superior de Hostelería de Galicia
 - CESINE Centro Universitario
 - CESUGA University
 - CUNEF Universidad
 - ESADE Business & Law School
 - ESIC University
 - Export Students
 - IE University
 - IEB
 - IED - Istituto Europeo di Design
 - ISDE
 - LCI Barcelona, Escuela de Diseño y Artes Visuales
 - Les Roches Global Hospitallity Education
 - Resa - Residencias Universitarias
 - Residencia Novel Student
 - U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
 - UDIT Universidad de Diseño y Tecnología
 - UIC Barcelona
 - UNIDREAM
 - UNIE Universidad
 - Universidad Alfonso X El Sabio
 - Universidad Camilo José Cela
 - Universidad CEU San Pablo
 - Universidad de Deusto
 - Universidad de Navarra
 - Universidad de Salamanca
 - Universidad Europea (Campus de Madrid)
 - Universidad Europea del Atlántico
 - Universidad Francisco de Vitoria
 - Universidad Intercontinental de la Empresa - UIE
 - Universidad Nebrija
 - Universidad Pontificia Comillas
 - Universidad Pontificia de Salamanca
 - Universidade da Coruña
 - Universidade de Santiago de Compostela
 - Universidade de Vigo
 - Universitat Pompeu Fabra Barcelona
 - Voxel School
 

