Amosando publicacións coa etiqueta ADMISIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ADMISIÓN. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027

 Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior, oferta ordinaria e oferta modular.


Requisitos:

Para os ciclos medios:  ter ESO, FP básica, proba de acceso...
A admisión ao ciclo formativo de grao medio de Operacións Subacuáticas e Hiperbáricas requirirá ter 18 anos feitos no momento de presentación da solicitude, así como superar unha serie de probas físicas en instalacións en terra e en piscina, un exame médico específico, unha avaliación psicolóxica de aptitude para o mergullo profesional e unha proba de compresión e tolerancia ao osíxeno hiperbárico. 
.
Para os ciclos superiores: ter bacharelato, CM, proba de acceso...

Para a oferta modular: Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o curso escolar. Excepcionalmente, poderán acceder as persoas maiores de 16 anos que o soliciten e teñanun contrato laboral que lles impida acudir aos centros educativos pola oferta ordinaria.


CALENDARIO DE ADMISIÓN:

  • Presentación de solicitudes do 15 de xuño até o 30 de xuño ás 13 h. 
  • Resolución provisional de solicitudes 3 de xullo.
  • Reclamación contra a  resolución provisional do 3 ao 7 de xullo ás 13:00h.
  • Resolución definitiva de solicitudes 10 de xullo.
  • 1ª adxudicación 10 de xullo.
  • Matrícula ou renuncia do 10 ao 15 de xullo ás 13:00h.
  • 2ª adxudicación 20 de xullo.
  • Matrícula ou renuncia  do 20 ao 23 de xullo ás 13:00h.
  • 3ª adxudicación 27 de xullo.
  • Matrícula ou renuncia do 27 ao 29 de xullo ás 13 h.
  • Adxudicación continuada (chamamento): do 1 ao 25 de setembro ás 13 h.

Período de solicitude de matrícula simultánea:
  • Presentación de solicitudes (sempre que existan prazas disipoñibles) do 8 ao 11 de setembro ás 13:00h.
  • Matriculación (sempre que existan prazas dispoñibles e con resolución positiva do servizo de inspección educativa: do 15 ao 18 setembro ás 13:00h.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  • 1º paso. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web. Cando a aplicación o indique será necesario xuntar documentación ou entregar, dentro do prazo, unha copia da solicitude nun centro con oferta de FP sostida con fondos públicos. Guía rápida solicitudes ( ver vídeo)
  • Información para persoas con titulacións obtidas fóra do estado español.
  • 2ºpaso. Consultar a resolución provisional de solicitudes.
  • 3º paso. Reclamar, cando se atope algún erro na resolución provisional. No caso de detectarse erros nos datos da resolución provisional, a aplicación Ciclosadmisión permitirá ás persoas con solicitude facer unha reclamación. 
  • 4º paso. Consultar a resolución definitiva de solicitudes.
  • 5º paso. Consultar a adxudicación de prazas. No caso de ter praza adxudicada, a aplicación permitirá matricularse ou renunciar. A renuncia para seguir en lista de espera das prazas de mellor opción só é necesario presentala no caso da oferta ordinaria.
Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.


OFERTA ORDINARIA

Consultar oferta:

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Presentación de solicitudes: deberase cubrir unha única solicitude para cada grao (unha para CM e outra para CS).En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada
  • Adxudicación de praza: As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden: matricularse ou renunciar. Matricularte: pode facerse a través de 2 vías:Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que atoparás no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para o acceso, entre outros procedementos de autenticación, será preciso cubrir os datos de identificación e do código da solicitude de admisión coa que se obtivo a praza adxudicada. O centro, durante a primeira semana de clase, solicitarache a xustificación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso. Non atender estes requirimentos pode ser causa de anulación da matrícula ou baixa de oficio. Calquera outra documentación que o centro considere necesaria non ten carácter obrigatorio de entrega por parte do alumnado.
  • Entrega no centro en que fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp  debidamente cuberto e asinado.
Estar matriculada en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada  na FP Dual Intensiva, na Formación Acelerada ou dun Curso de Especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.
  • Renunciar á praza: poderás renunciar a unha praza adxudicada e permanecer no proceso de admisión, á espera de que che sexa adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza que che fose adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través da aplicación informática que se atopa no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade. Tamén se poderá realizar a renuncia co impreso correspondente, que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. Este documento, cuberto coa renuncia e asinado, deberase entregar no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación en calquera centro de Galicia con oferta de formación profesional sostida con fondos públicos ou no centro no que che fose adxudicada a praza á que vas renunciar.
  • Renunciar á adxudicación dunha praza da oferta ordinaria é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada.
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas solicitantes con praza adxudicada que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á praza e só poderán matricularse no caso de existir prazas vacantes ou liberadas
OFERTA MODULAR

Consultar oferta:
Modalidade presencial 

Modalidade  semipresencial e a distancia

  • Presentación de solicitudes: deberá cubrirse unha única solicitude por cada grao (medio ou superior) e para cada modalidade (presencial ou semipresencial e a distancia) no que se desexe participar. En cada solicitude poderá optarse a 4 opcións de centro e ciclo con até 10 módulos cada unha. A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para que sexa unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos para ser selada, datada e validada.
  • Itinerarios formativos recomendados. No enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp/itinerarios-adultos pódese consultar información sobre os itinerarios formativos recomendados e a orde en que é preferible cursar os módulos na oferta modular.
  • Nas datas establecidas, poderase consultar a situación individual das resolucións provisionais e definitivas de persoas solicitantes, así como a relación de persoas admitidas e en espera, no enderezo web www.edu.xunta.gal/fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.

Adxudicación de praza:
As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación

Praza adxudicada na modalidade a distancia:
  • Matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet na aplicación informática que se atopará no enderezo web http://www.edu.xunta.gal/fp. Neste caso, non é necesario confirmar esta matrícula no centro educativo senón que este, durante a primeira semana de clase, solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xusti¥icación do pagamento do seguro escolar e poderá solicitar a documentación relativa ao requisito de acceso.
  • Entrega no centro no que lle fose adxudicada a praza, persoalmente ou por persoa autorizada, no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación, o impreso de solicitude de matrícula dispoñible en http://www.edu.xunta.gal/fp debidamente cuberto e asinado.
Praza adxudicada na modalidade presencial:
Solicitude/reserva de matrícula nas prazas adxudicadas a través de internet

Admisión ciclos de Formación Profesional Básica Ordinaria curso 2026-2027

 Prazos e proceso de admisión nos ciclos de FP Básica Ordinaria para o curso 2026/2027.


REQUISITOS DE ACCESO:

O alumnado en idade de escolarización obrigatoria terá que cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

- Ter feitos 15 anos ou facelos durante o ano natural en curso.
- Ter cursado o 3º curso ou, excepcionalmente e a criterio do equipo docente e o responsable da orientación no centro, o 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Ser obxecto de proposta ou solicitar por petición propia, xunto cos pais, as nais ou persoas titoras legais, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, cando o perfil vocacional do alumno ou da alumna así o aconselle.

Deste xeito, dentro do grupo de alumando en idade de escolarización obrigatoria temos dous subgrupos:

- Alumnado procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
- Alumnado procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.

PROCEDEMENTO ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:

As prazas adxudicaranse conforme os seguintes criterios de prioridade:

- Alumnado que cursase 2º de ESO.
- Alumnado que cursase 3º de ESO.
- Alumnado que cursase 4º de ESO.
- Alumnado non escolarizado.

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.


LUGARES PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

O centro de orixe (onde estén escolarizado) encargarase do alumnado de 2º de ESO proposto para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico e autorizado pola inspección educativa (ningunha persoa que estea cursando 2º de ESO pode solicitar por iniciativa propia a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico).

O alumnado procedente de 3º ou de 4º de ESO que desexe solicitar por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico, deberá facer a solicitude no seu centro de orixe, no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude.

O alumnado que non estea escolarizado no sistema educativo e desexe incorporarse a un ciclo formativo de grao básico deberá facer a solicitude no centro no que se oferta o ciclo do seu interese no prazo de presentación de solicitudes establecido. O centro facilitará a información e a documentación necesaria, e asesorará este alumnado no proceso de realización da solicitude. Se a persoa solicitante é menor de idade, a solicitude deberá asinarse polo pai, a nai ou persoas titoras.

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de xuño ao 30 de xullo de 2026 (até as 13.00h).

* O alumnado que estea escolarizado en 2º, 3º ou 4º da ESO presentará a solicitude do 22 de xuño ás 9:00 horas até o 30 de xuño  ás 13:00h.

  • 3 de xullo: resolución provisional de solicitudes.
  • Do 3 ao 7 de xullo (até as 13:00h): reclamación contra a resolución provisional de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución definitiva de solicitudes.
  • 10 de xullo: 1ª adxudicación e adxudicación continuada (chamamento).
  • 10 de xullo ao 31 de xullo (até as 13:00h): matriculación.

CONSULTA DE INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN:

A consulta de toda a información do proceso poderá facerse na páxina web www.edu.xunta.gal/fp, no centro de orixe ou naquel no que se teña adxudicada a praza. A aplicación Ciclosadmisión permitirá a consulta individualizada de información durante todo o proceso e especialmente durante os períodos correspondentes ás resolucións de solicitudes admitidas e excluídas, e de adxudicación. Para a consulta da situación individual poderase usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 ou certificado dixital.


Fonte: Información Xuvenil Concello de A Coruña

Admisión FP: Formación acelerada, curso 2026/2027

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocou o proceso de admisión para a Formación Acelerada da FP.


A Formación Acelerada ten a finalidade de permitir que as persoas obteñan unha cualificación de xeito rápido, que lles permita o acceso ao emprego nos ectores clave para Galicia nos que existe plena insercción profesional, pero á súa vez que poidan acumular esta formación para obteren posteriormente un título.

Esta formación caracterízase por concentrarse nun período curto de tempo, de catro a seis meses, realizándose dúas edicións por curso académico: primeira edición de setembro a xaneiro, e segunda edición de xaneiro a xuño.

Requisitos:

  • Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural no que comece o programa de Formación acelerada.
  • Cumprir os requisitos de acceso ao grao básico, medio ou superior segundo corresponda.
presentación da solicitude de admisión:
  • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para a Formación acelerada tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de ciclos formativos e de cursos de especialización.
  • Unicamente poderá presentar a solicitude quen cumpra os requisitos de acceso no momento da presentación da solicitude de admisión.
  • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para a Formación acelerada tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de ciclos formativos e de cursos de especialización.
  • Serán excluídas dos procesos de admisión á Formación acelerada as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
  • Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
  • - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
  • - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
  • As persoas non admitidas na Formación acelerada continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.

Deberase cubrir 1 solicitude de admisión para Formación acelerada na que se poderá optar a 4 formacións, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/ . A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de Formación acelerada sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.


Calendario proceso de admisión Formación acelerada

  • Presentación de solicitudes: dende o 15 de xuño ás 9:00 h até o 30 de xuño as 13:00 h. 
  • 3 de xullo: resolución provisional de solicitudes.
  • Do 3 xullo ás 9:00 h ao 7 xullo ás 13:00 h: reclamación contra a resolución provisional de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución definitiva de solicitudes.
  • 10 de xullo: resolución das prazas adxudicadas e en espera.
  • Do 10 xullo ás 9:00 h ao 15 xullo ás 13:00 h: período de matrícula para as persoas admitidas. 
  • Do 16 xullo ás 9:00 h ao 31 ás 13:00 h | 1 setembro ás 9:00 h ao 25 ás 13:00 h: adxudicación continuada (chamamento).

Fonte: Información Xuvenil Concello de A Coruña

Admisión a cursos de especialización de FP, curso 2026/2027

 No vindeiro curso 2026-2027 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional en Galicia. Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.


Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:

Instrucións xerais de admisión a cursos de especialización

Asistente informático.

Requisitos

  • Para poder solicitar un curso de especialización a persoa solicitante terá que estar en posesión da titulación de grao medio ou de grao superior de formación profesional establecida no real decreto (RD) polo que se regula cada curso.
  • As persoas que non teñan os requisitos de titulación indicados no parágrafo anterior poderán solicitar matrícula en prazas liberadas como se indica no apartado 17 do documento de Instrucións.
  • Acceso de persoas con titulación estranxeira: debido ás especiais características destas ensinanzas, para xustificar os requisitos de acceso só será válida a credencial definitiva de homologación

Oferta de cursos de especialización, curso 2026/2027: www.edu.xunta.gal/fp/oferta-fp

Calendario de admisión:

  • Presentación de solicitudes: 15 de xuño ás 9:00 horas ao 30 de xuño ás 13:00 horas
  • Resolución provisional de solicitudes: 3 de xullo
  • Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: 3 de xullo ás 9:00 horas ao 7 de xullo ás 13:00 horas
  • Resolución definitiva de solicitudes: 10 de xullo
  • Resolución definitiva de solicitudes e 1ª adxudicación: 10 de xullo
  • Matriculación 1ª adxudicación: 10 de xullo ás 9:00 horas ao 15 de xullo ás 13:00 horas
  • Adxudicación continuada (chamamento):
    • 15 de xullo ás 9:00 horas ao 31 de xullo ás 13.00 horas
    • 1 de setembro ás 9:00 horas ao 25 de setembro ás 13:00 horas

Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a 4 cursos de especialización como máximo, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp .A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de cursos de especialización sostida co fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Nota: débense realizar os trámites coa aplicación informática nun ordenador. Non é recomendable empregar un móbil. Os centros con oferta de FP sostida con fondos públicos teñen á disposición do alumando ordenadores, impresoras e asesoramento.

Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas resolución provisional e definitiva de solicitudes, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital. 

As prazas adxudicadas publícanse na adxudicación de prazas. As persoas con praza adxudicada poden:

  • O día 10 de xullo publicarase a relación de persoas admitidas e en espera en cada curso de especialización. As persoas admitidas deberanse matricular ou renunciar no prazo abranguido desde o día 10 ás 9:00 horas ata o día 15 de xullo ás 13:00 horas. De non facelo perderán os dereitos sobre a matrícula das prazas adxudicadas.
  • No caso de que algunha persoa con praza adxudicada renuncie a ela ou non se matricule e nese curso de especialización haxa listaxe de espera, o centro procederá a chamar as persoas que se atopen na listaxe de espera polo proceso de adxudicación continuada.

PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:

As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual intensiva.
Serán excluídas dos procesos de admisión a cursos de especialización as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
  • Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
  • - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva.
  • - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
As persoas non admitidas en ningún proxecto de FP dual intensiva ou en ningún curso de especialización continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.

Fonte: Información xuvenil do Concello de A Coruña

Admisión Formación Profesional Dual intensiva, curso 2026/2027

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica a o proceso de admisión para o vindeiro curso 2026/2027 do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional dual intensiva.


FP Dual Intensiva: estes proxectos combinan os procesos de ensino e aprendizaxe na empresa e no centro de formación.

Antes de iniciar o proceso consulta atentamente:


REQUISITOS DE ACCESO:
  • Ter 18 anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo). Non hai límite superior de idade.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe (actualmente contrato de formación en alternancia establecido no Real decreto lei 32/2021), e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
  • O alumnado que teña 16 anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, logo de rematado o período ordinario de matriculación no proceso de admisión a estas ensinanzas, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista listaxe de espera.

Oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual intensiva para o curso 2026-2027: 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.

Toda a información do proceso de admisión a FP dual intensiva estará dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/ fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.

DOCUMENTACIÓN. 

A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
  • DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
  • No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
  • Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.europa.eu/es/create-europass-cv
​​PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
  • As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual intensiva tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de formación profesional.
  • Serán excluídas dos procesos de admisión a FP dual intensiva as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
  •  Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
    • - Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva ou en Formación acelerada.
    • - Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
  • As persoas non admitidas en ningún proxecto de FP dual intensiva continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.

Calendario de admisión:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 15 xuño ás 9:00 ao 30 xuño ás 13:00h.
  • Resolución provisional de solicitudes: 2 de xullo.
  • Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: do 2 xullo ás 9:00 ao 6 xullo ás 13:00h.
  • Resolución definitiva de solicitudes: 9 de xullo.
  • Período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora: do 2 ao 8 xullo ás 12:00h.
  • Resolución das prazas adxudicadas e en espera: 9 de xullo.
  • Período de matrícula para as persoas admitidas: do 9 xullo ás 9:00 ao 15 xullo ás 13:00h.
  • Adxudicación continuada: do 20 de xullo ao 31 de xullo ás 13.00h / Do 1 ao 25 de setembro ás 13.00h.
Fonte: Información xuvenil do Concello de A Coruña

sábado, 30 de maio de 2026

Escolas Oficiais de Idiomas 2026/27: prazos de preinscrición e matrícula en Galicia

  Dirección Xeral de Formación Profesional publicou a Resolución do 21 de maio de 2026 pola que se regulan as instrucións de preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2026/27.



As Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia permiten estudar distintos idiomas con ensinanzas oficiais e certificación recoñecida.

Para o alumnado de novo acceso, o prazo de preinscrición será do 15 de xuño ao 6 de xullo de 2026 a través da plataforma:
EOI Digital – Preinscrición

As persoas que obteñan praza no sorteo de adxudicación deberán formalizar a matrícula entre o 9 e o 20 de xullo.

O alumnado oficial matriculado no curso 2025/26 deberá realizar a reserva de praza e matrícula na seguinte plataforma:
Aplicación de matrícula EOI

Os prazos establecidos son:

• Matrícula ordinaria: do 8 ao 19 de xuño de 2026, para alumnado que continúe no mesmo idioma e na mesma escola e que supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

• Matrícula extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo de 2026, para alumnado coa cualificación de apta/o, non apta/o ou non presentada/o na convocatoria extraordinaria.

Recoméndase consultar con antelación a oferta de idiomas e niveis de cada escola, así como revisar a documentación necesaria para formalizar a matrícula dentro dos prazos establecidos.

mércores, 27 de maio de 2026

USC 2026-2027: convocatoria de prazas nas residencias universitarias

  A Universidade de Santiago de Compostela abriu a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias universitarias para o curso 2026-2027, destinada ao estudantado matriculado ou que vaia iniciar estudos na USC.


O prazo de solicitude estará aberto ata o 22 de xuño de 2026. As solicitudes deben realizarse de maneira telemática a través da plataforma habilitada pola universidade.

A convocatoria inclúe prazas nas diferentes residencias universitarias dos campus de Santiago de Compostela e Lugo, tanto para alumnado de grao como para outras ensinanzas universitarias oficiais.

Entre os aspectos que cómpre ter en conta destacan:

  • A adxudicación das prazas realízase mediante baremación.
  • Valóranse circunstancias económicas, académicas e familiares.
  • É necesario presentar a documentación acreditativa dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado de novo ingreso tamén pode participar na convocatoria.

As persoas interesadas deberían revisar con atención:

  • Os requisitos de acceso.
  • Os criterios de prioridade.
  • Os prezos públicos.
  • As normas de permanencia nas residencias.

Máis información e acceso á convocatoria:

https://sede.usc.es

:

Universidade de Santiago de Compostela

Servizo Universitario de Residencias (SUR)

Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246

correo-e: sur@usc.es

www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias

Residencias universitarias da UDC 2026-2027: aberto o prazo de solicitude

 A Universidade da Coruña publicou a convocatoria de prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso 2026-2027.


O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata as 14:00 horas do 23 de xuño de 2026.

As residencias universitarias dispoñibles son:

  • Residencia Pública Universitaria Elvira Bao (A Coruña)
  • Residencia Pública Universitaria de Ferrol

A convocatoria está dirixida ao estudantado da UDC, tanto de novo ingreso como de continuidade de estudos. No procedemento establécense os requisitos, criterios de baremación, prezos públicos e documentación necesaria.

Para o alumnado que se matricule por primeira vez na universidade:

  1. Debe cubrir o formulario de solicitude.
  2. Posteriormente, recibirá por correo electrónico as instrucións para achegar a documentación acreditativa correspondente.

Cómpre lembrar que:

  • Só se admite unha solicitude por persoa.
  • É necesario escoller entre A Coruña ou Ferrol.
  • Terá validez unicamente a última solicitude rexistrada.

Máis información e acceso á convocatoria:

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/sape/aloxamento/ 

Universidade da Coruña

Sección de Bolsas: Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña (15008 - A Coruña)

Tel. 981 167 000

correo-e:

- para consultas sobre a convocatoria: bolsas.residenciasuniversitarias@udc.gal (asunto: "Consulta residencias universitarias /prazas residencias")

- para consultas sobre as residencias: residenciauniversitaria.coruna@udc.es (Residencia Pública Elvira Bao) - residenciauniversitaria.ferrol@udc.es (Residencia Pública de Ferrol)

 Tamén se recomenda consultar o regulamento interno das residencias e revisar con antelación toda a documentación requirida para evitar incidencias no proceso de solicitude.

xoves, 21 de maio de 2026

Convocadas prazas nas residencias xuvenís (non son as da Universidade) para o curso 2026-2027

Convocatoria de prazas nas residencias xuvenís da Xunta de Galicia para o curso 2026-2027.


Estas prazas están destinadas a persoas mozas de entre 16 e 30 anos que, por motivos de estudo, formación ou traballo, necesiten residir fóra do seu concello habitual. Trátase de residencias xuvenís dependentes da Xunta de Galicia e non das residencias universitarias vinculadas ás universidades.

As residencias ofrecen aloxamento e servizos complementarios, facilitando a continuidade dos estudos e o acceso á formación en distintas localidades galegas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 22 de xuño de 2026.

Entre as residencias convocadas atópanse:

  • Residencia Xuvenil Altamar (Vigo)

  • Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense)

  • Residencia Xuvenil Lug (Lugo)

A información completa sobre requisitos, documentación, número de prazas e procedemento de solicitude pode consultarse na convocatoria oficial:

Información Xuvenil A Coruña – Prazas nas residencias xuvenís

Tamén pode consultarse a convocatoria na web da Xunta de Galicia:

Xuventude Galicia – Residencias xuvenís 2026-2027

Aberta a preinscrición na Escola Municipal de Música da Coruña para o curso 2026-2027

 Xa está aberto o prazo de preinscrición para acceder á Escola Municipal de Música da Coruña no curso 2026-2027.


O Concello da Coruña oferta máis de 200 prazas para alumnado de novo ingreso en ensinanzas musicais dirixidas a diferentes idades e niveis formativos. A oferta inclúe especialidades instrumentais e vocais, linguaxe musical e Música e Movemento para crianzas de entre 4 e 7 anos.

O prazo de preinscrición permanecerá aberto desde o 18 ata o 22 de maio de 2026. As solicitudes e a información completa poden consultarse na web oficial da escola: Escola Municipal de Música da Coruña

A Escola Municipal de Música está dirixida a persoas de todas as idades e constitúe unha oportunidade para iniciar ou continuar a formación musical nun contexto educativo e cultural aberto á cidadanía.

Entre as especialidades e actividades ofertadas destacan:

  • Piano
  • Guitarra
  • Violín
  • Violonchelo
  • Percusión
  • Canto
  • Linguaxe musical
  • Música e Movemento

Para máis información sobre funcionamento, horarios e estudos dispoñibles, pode consultarse tamén o apartado de información xeral da escola: Información xeral da Escola Municipal de Música

mércores, 13 de maio de 2026

Ensinanzas deportivas 2026/2027: aberta a convocatoria das probas de acceso

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/2027. Estas ensinanzas permiten combinar formación académica e especialización deportiva en distintas modalidades.

Poden resultar de interese para alumnado que queira orientar o seu futuro académico e profesional cara ao ámbito da actividade física, o adestramento deportivo ou o rendemento en modalidades específicas.

Prazo de inscrición

  • Até o 15 de maio de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior.

  • Até o 25 de xuño de 2026:

    • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio.

    • Proba específica de acceso ao grao medio.

Inscrición nas probas

Datas de inscrición

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou proba específica de grao medio: até o 25 de xuño de 2026.

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: até o 15 de maio de 2026.

Lugar de inscrición

A inscrición deberá realizarse na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva. As persoas aspirantes só poderán realizar a proba no centro no que formalicen a inscrición.

Excepcionalmente:

  • Na modalidade de Fútbol, a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe, indicando en cal dos dous centros asignados se solicita realizar a proba.

  • Na modalidade de Atletismo, a solicitude poderá presentarse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes.


Requisitos de acceso ao grao medio

Para acceder ao ciclo inicial de grao medio é necesario:

  • Estar en posesión do título de ESO ou equivalente.

  • Tamén se consideran válidas outras titulacións como Bacharelato, título de técnica/o superior ou titulación universitaria.

Para acceder ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio:

  • Débese ter superado previamente o ciclo inicial da mesma modalidade ou especialidade deportiva.

O alumnado que non dispoña do título da ESO poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 17 anos no ano natural da proba.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

  • Cumpre os demais requisitos específicos da modalidade.

Probas específicas

Nalgunhas modalidades deportivas é obrigatorio superar unha proba específica de acceso:

  • Fútbol

  • Fútbol sala

  • Baloncesto

  • Balonmán

  • Atletismo

  • Vela

No caso de Baloncesto e Balonmán tamén poden acreditarse méritos deportivos.

Requisitos de acceso ao grao superior

Para acceder aos ciclos de grao superior é necesario:

  • Posuír o título de técnica/o deportivo na correspondente modalidade ou especialidade.

  • Ademais, contar con algunha destas titulacións:

    • Bacharelato

    • Título de técnica/o superior

    • Titulación universitaria

O alumnado que non dispoña do título de Bacharelato poderá acceder se:

  • Ten cumpridos 19 anos no ano natural da proba.

  • Posúe o título de técnica/o deportivo correspondente.

  • Supera a proba de acceso substitutiva do requisito de titulación.

Máis información e contacto

Información xuvenil do concello de A Coruña

Contacto na provincia da Coruña:

  • Departamento Territorial da Coruña
    Edificio Administrativo de Monelos, 9º andar
    Rúa Vicente Ferrer, 3 – 15008 A Coruña

  • Teléfono: 981 184 701

Convocatoria publicada no DOG do 30 de abril de 2026.

Admisión a ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional, curso 2026/2027

  Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao med...