Aberto o prazo, dende o venres, 16 de maio e e ata o vindeiro 20 de xuño, o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar, así como para solicitar a inclusión no fondo de préstamo gratuíto.
Solicitudes
Presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario dispoñible no Portal Educativo ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
De xeito opcional, poderá facerse de xeito presencial nos centros educativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Vales para material
No que atinxe aos vales para material, dirixidos a todas as familias con renda per cápita igual ou inferior aos 10.000€, mantéñense dúas categorías.
- Na primeira delas, para rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000€, o vale é de 75€.
- A segunda comprende as rendas superiores a 6.000€ e iguais ou inferiores a 10.000€, cun vale de 60€ por alumno.
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% será beneficiario desta axuda polo importe máximo de 75 €, con independencia da renda.
Fondo de libros
- O alumnado de todos os cursos entre 3º de Primaria e 4º de ESO poderá acceder ao fondo de libros.
- Aqueles con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros teñen garantido o acceso a seis manuais; e no tramo de 6.000 a 10.000 euros, a catro.
- O alumnado en garda ou tutela da Xunta recibe seis libros con independencia da renda.
Tanto para acceder ao fondo como para recibir as axudas de libros e material é requisito fundamental devolver os libros do curso anterior.
Máis información:
https://educacioneciencia.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.html
Sede electrónica Xunta de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario