xoves, 21 de novembro de 2024

Campaña da Neve 2025

A Área de Deportes da Deputación da Coruña convoca a Campaña da Neve 2025, prazas para a estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), dende o 17/01/2025 ata o 20/01/2025, destinadas á mocidade dos concellos da provincia. O Concello da Coruña, que dispón dun total de 29 prazas, abre de novo o prazo de solicitude para empadronadas/os entre 11 e 15 anos


SOLICITUDE: ata as 23.59 h. do 2 de decembro no formulario de solicitude dispoñible en www.coruna.gal/deportes.

 

Prezo: 85 €

O prezo inclúe transporte, estadía e manutención na estación de Valgrande-Pajares, clases de esquí, monitores, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados


Requisitos:

  • Nenos e nenas empadronados no Concello da Coruña de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024.
  • Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. 
  • No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.

Páxina web:

www.coruna.gal/deportes

Contacto:

Servizo Municipal de Deportes

Tel.: 981 18 98 00 - Tel. de información cidadá: 010

correo-e: deportes@coruna.gal

BOLETÍN 18-24 NOVEMBRO

 

luns, 18 de novembro de 2024

Bolsas Norteamérica 2025-2026

Programa no que ao alumnado de 4.º da ESO, residente na cidade da Coruña, se lle ofrece a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1º de Bacharelato) en Canadá.

DESTINATARIOS:

  • Alumnado residente na Coruña que estea a cursar 4º da ESO durante o curso 2024/25 e que estea en condicións de cursar 1º de Bacharelato durante o curso 2025/26.
  • O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa e un coñecemento real doutra cultura.

REQUISITOS

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º da ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2024-2025.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito será comprobado só no caso de resultar adxudicatario, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Inscricións:

O prazo de presentación das solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.

Unha vez aberto o prazo de presentación, as persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

1º: Facer a inscrición en liña na web municipal a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.

2º: Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais.

O impreso municipal para a presentación da solicitude por rexistro é o Mod 001 solicitude xeral: Impreso de solicitude xeral

Os rexistros municipais facilitan copia dos mesmos (está dispoñible na sede electrónica).

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

educacion@coruna.es

Tel. 981 184 200 Ext. 10911

Obradoiro: Falarnos bonito. Comunicación non violenta

Desde a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, infórmannos da realización da actividade participativa “Falarnos bonito. Comunicación non violenta”, que ten como obxectivo afondar na aprendizaxe de estratexias de comunicación non violenta.


Esta actividade, enmarcada no programa de “Xoves de Achegas”, celebrarase o día 28 de novembro ás 18:30 h nas Naves do Metrosidero e está dirixida ás persoas mozas de entre 12 e 30 anos. A inscrición estará aberta ata o día 26 de novembro e realizarase a través do seguinte enlace:  
 
 

sábado, 9 de novembro de 2024

BOLETÍN DO 04 AO 10 DE NOVEMBRO

Os correspndentes da Sardiñeira comezan o seu traballo! Velaquí o primeiro boletín informativo!

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...