mércores, 22 de xaneiro de 2025

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2025/2026

 O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2025-2026, iníciase o día 01/03/2025 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2025, ambos os días incluídos.

Durante este período debe inscribirse o alumnado que se incorpora por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4.º curso de educación infantil) e aqueles alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.

Do 15/01/2025 ao 04/02/2025 está aberto o período de reserva de praza para o alumnado que finaliza etapa educativa no seu centro actual e inicia unha nova etapa no centro adscrito que lle corresponda. 

CALENDARIO 

  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manual) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.

  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.ç
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • Do 25 de xuño ao 10 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO
Aquí podedes ver os mapas das áreas de influencia editado polo Concello da Coruña (segundo as instrucións ditadas pola Consellería). 

MÁIS INFORMACIÓN: 
Páxina web:
www.edu.xunta.gal

Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Coruña. Edif. Adm. de Monelos, 
R/ Vicente Ferrer, 2 1º andar. 15008 -A Coruña
tel.: 981 184 797 / 981 184 787 / 981 184 778
correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal

- Nos propios IES e CEIP

BOLETÍN 20-26 XANEIRO

mércores, 15 de xaneiro de 2025

BOLETÍN 13-19 XANEIRO

 

Xoves de Achegas na Nave03: Laboratorio Emocional

Dende a Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña organizan no Espazo Xuvenil das Naves do  Metrosidero os " Xoves de achegas na Nave 03 Pílulas formativas". Unha actividade de aprendizaxe colaborativa sobre temas de interese, mediante dinámicas de experimentación en pequenos grupos. 

Prezo: Gratuito.

Consigue as túas entradas:

Como funciona o noso cerebro? Que podemos facer para xerar hormonas da felicidade? Cales son as estratexias que podemos adoptar para relaxar o noso nivel de estrés? Como podemos mellorar a xestión dos nosos problemas? Que prácticas de autocuidado podemos fomentar para mellorar a nosa saúde?


Nesta actividade abordaranse aspectos chave do funcionamento cerebral, a regulación emocional  e o autocoidado co obxectivo de promover o benestar emocional

Modera a actividade "Laboratorio Emocional": Asociación Participa 

Requisitos:

Idade: entre 12 e 30 anos. Precísase ticket de inscripción (clicando na imaxe terás o enlace para obtelo)

As persoas menores de idade deberán achegar autorización asinada e D.O.I. de quen autoriza.

Contacto:

Espazos de Información Xuvenil do Concello da Coruña

Tel.: 981 189 895  

Whatsapp/Telegram: 606 362 366

Enderezo electrónico: cmix@coruna.gal 

II Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025)

As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.

PROGRAMA:

  • 17, 18 e 19 de febreiro desde as 16.00 h.: visitas guiadas ás instalacións dos centros públicos de FP da Coruña e á EASD Pablo Picasso, complementadas con charlas informativas de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos (consultar horarios no Folleto Informativo XOAP 2025)
  • 19 de febreiro ás 17.30 h. na EASD Pablo Picasso: presentación dos Estudos Superiores de Deseño en Galicia e visita á EASD Pablo Picasso.
  • 24 de febreiro ás 18.00 h. no Fórum Metropolitano: charla sobre FP Básica e os ciclos que se imparten en CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
DESTINATARIOS

Alumnado que estea a cursar ESO, bacharelato e FP que desexe coñecer os ciclos formativos artísticos e de FP, así como os Estudos Superiores de Deseño que se imparten na cidade.

A charla sobre FP BÁSICA, ademais de estar dirixida ao alumnado de ESO, tamén está aberta ás ANPA e ao público interesado.

Requisitos para o acceso ás Xornadas: 

- O alumnado inscrito ten que presentar a credencial correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo-e no momento da inscrición.
- No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
- persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.

INSCRICIÓNS
As persoas interesadas en acudir ás xornadas deberán solicituar directamente a súa credencial de acceso través da ficha de inscrición dispoñibe na web www.coruna.gal/educacion nos seguintes prazos: 

do 20/01/2025 ao 07/02/2025 ata as 14.00 h para o alumnado matriculado en centros da cidade.
do 27/01/2025 ao 7/02/2025, ata as 14.00 h para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.

*MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e as charlas solicitadas non coincidan no horario.

**As dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña resolveranse a través do corrreo-e gestionim@edu.coruna.es 
MÁIS INFORMACIÓN
Páxina web: www.coruna.gal/educacion

Contacto: Servizo Municipal de Educación 
Tel.: 981 184 200 (ext. 10259)
correo-e: educacion@coruna.gal
Rede Municipal de Información Xuvenil
Teléfonos:
- Espazo de información xuvenil - Fórum Metropolitano:  Tel. 981 184 294
- Espazo de información xuvenil - Naves do Metrosidero:  Tel: 981 189 895 (ext. 10701 / 10702)
- Espazo de información xuvenil - Centro Ágora: Tel. 981 189 888 (ext. 34324 / 34325)
Telegram / Whatsapp: 606 362 366.
correo-e: cmix@coruna.gal 

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...