mércores, 26 de marzo de 2025
sábado, 22 de marzo de 2025
Bolsas de carácter xeral para para estudantes que cursen estudos postobrigatorios no curso 2025/2026
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou, no BOE do 20.03.2025, a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2025-2026, para alumnado que curse estudos postobrigatorios.
Estudos para os que se poden solicitar:
Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias:
- Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
- Ciclos Formativos de Grao Básico.ç
- Ciclos de Formación Profesional de grao medio e superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ensinanzas deportivas.
- Estudos relixiosos superiores.
- Estudos de idiomas realizados en escuelas oficiais, incluida a modalidada de distancia.
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á formación profesional
REQUISITOS
- Estudantado que non supere unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, que cumplan uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando algunhas das ensinanzas citadas.
- Non estar en posesión (nin reunir os requisitos legais para a súa obtención) dun título oficial do mesmo ou superior nivel aos estudos para os que se solicita a beca a data de 30 de setembro de 2025.
- A solicitude deberá cumplimentarse mediante formulario a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
PRAZO
O prazo de solicitude é do 24 de marzo de 2025 ás 08:00 ata o 14 de maio de 2025, ás 15:00, hora peninsular, ambos inclusive, a través da Sede Electrónica do Ministerio
Este prazo de presentación de solicitudes é único, xa que non haberá outro con posterioridade. Hai que solicitar a bolsa aínda que non se saiban as notas deste curso ou qué estudos se van realizar. Os datos provisorios poderanse modificar despois.
MÁIS INFORMACIÓN:
www.becaseducacion.gob.es
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Teléfono 910 837 937 (de luns a venres, de 9:00 a 17:30 h.)
Unidades de becas da administración educativa ou universidades correspondentes:
Unidade de Becas para estudos non universitarios en A Coruña: Calle Vicente Ferrer, 2 9º. Edificio Administrativo Monelos. Tel. 981.18.47.41. Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
mércores, 12 de marzo de 2025
A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025. Estadías en Irlanda
O CMIX informa:
O Concello da Coruña convoca un mínimo de 29 bolsas do programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2025, para realizar unha estadía de catro semanas en Irlanda para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de 1º de Bacharelato.
Alumnado matriculado nun centro educativo do Concello da Coruña.
- Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
- Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
- Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2024-2025.
- Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
- Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
Remuneración / Dotación:
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.
- Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
- Bolsa parcial. O Concello asumirá un máximo do 65% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado seleccionado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos. As familias do alumnado beneficiario e bolsa parcial asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.
O programa inclúe:
- Estadía durante catro semanas, vivindo cunha familia ou nunha residencia de estudantes.
- Curso preparatorio en liña, previo á estadía, de 10 horas de duración durante unha semana.
- Xestión integral dos preparativos da viaxe e asistencia técnica ás familias.
- Viaxe e desprazamentos de ida e volta dende A Coruña até a poboación de destino.
- Transporte interior, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
- Asistencia a clases intensivas de inmersión lingüística durante un mínimo de 15 horas semanais.
- Programa lectivo extraescolar e de ocio que incluirá actividades deportivas e culturais, así como unha visita semanal a un centro de interese histórico-cultural.
- Titoría e atención integral ao alumnado participante desde a saída ata o regreso, con acompañamento de monitores.
- Seguimento e control por parte de persoal especializado.
- Seguro de accidentes de responsabilidade civil.
SOLICITUDE:
A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa " A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2025" na páxina web municipal de Educación.
Logo de cubrir en liña a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.
A solicitude, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (rexistros presenciais ou rexistro electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa (LPACAP).
Páxina web:
www.coruna.gal/educacion
Contacto:
Servizo Municipal de Educación
Tfno.: 981 184 200 - ext 10911
Correo electrónico educacion@coruna.gal
Teléfono de información cidadá 010
Publicación: BOP 10/03/2025
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)
A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...

-
Aberto o prazo, dende o venres, 16 de maio e e ata o vindeiro 20 de xuño, o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e mat...
-
Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medi...
-
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativ...