domingo, 8 de marzo de 2026

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 2026

 As probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional permiten acceder a estes estudos ás persoas que non cumpren os requisitos académicos de acceso directo (por exemplo, título de bacharelato ou título de técnico de FP).


A superación da proba posibilita participar posteriormente no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, nas condicións establecidas na normativa correspondente.

Prazo de inscrición

O prazo de presentación de solicitudes será:

Do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos incluídos). 

A solicitude debe realizarse mediante a aplicación informática Ciclosprobas, que xera un documento que posteriormente deberá presentarse no centro de inscrición xunto coa documentación correspondente.

🔗 Aplicación para realizar a solicitude:
https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

🔗 Información oficial sobre probas de acceso:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Centro de inscrición

Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería con oferta de Formación Profesional.

Recoméndase empregar un centro próximo ao domicilio habitual, xa que:

  • Será o lugar para realizar trámites posteriores (consultas, reclamacións, etc.);

  • A sede de exame adoita asignarse nun centro próximo ao centro de inscrición elixido.

Estrutura da proba

A proba organízase en dúas partes:

Parte común

Inclúe tres materias:

  • Lingua galega

  • Lingua castelá

  • Matemáticas

Parte específica

Na solicitude debe escollerse unha única opción (A, B ou C) e, dentro dela, dúas materias.

Opción A

  • Economía da empresa

  • Lingua estranxeira (inglés ou francés)

  • Filosofía

Opción B

  • Debuxo técnico

  • Tecnoloxía industrial

  • Física

Opción C

  • Ciencias da Terra e ambientais

  • Química

  • Bioloxía …

Cada parte cualifícase entre 0 e 10 puntos. Para calcular a nota final é necesario obter polo menos 4 puntos en cada parte e a proba considérase superada cunha cualificación de 5 puntos ou superior

Data e horario da proba

A proba celebrarase o:

29 de abril de 2026  

Horario

  • 09:00 h – Presentación das persoas aspirantes

  • 09:30 – 13:00 h – Parte común (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá)

  • 16:00 – 18:30 h – Parte específica segundo a opción escollida 

22 de abril publicarase a relación de centros onde se realizarán os exames. 

Material necesario para o día da proba

Será necesario levar:

  • Documento oficial de identidade.

  • Copia validada da solicitude de inscrición.

Material permitido:

  • Bolígrafo azul ou negro.

  • Calculadora científica (non programable nin gráfica) para determinadas probas.

  • Material de debuxo (lapis, regra, compás, escuadro e cartabón) na proba de Debuxo técnico. 

Non se admiten dispositivos electrónicos capaces de transmitir ou almacenar información, como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes. 

Exencións da proba

A normativa contempla exención total ou parcial da proba en determinadas situacións.

Exención total (exemplos):

  • Dispor dun grao C de nivel 3 de Formación Profesional.

  • Acreditar competencias profesionais equivalentes a unha parte significativa do ciclo formativo. …

Exencións parciais (exemplos):

  • Ter recoñecida unha exención nunha convocatoria anterior.

  • Dispor dun certificado de profesionalidade.

  • Acreditar experiencia laboral relacionada coa opción da proba. 

Estas exencións deben solicitarse no momento da inscrición.

Consulta de solicitudes e resultados

A información sobre o estado da solicitude, listaxes e cualificacións poderá consultarse:

  • no centro de inscrición, ou

  • na aplicación Ciclosprobas. …

O período de reclamacións ás resolucións provisionais de solicitudes será do 7 ao 10 de abril de 2026.

Máis información e orientación no departamento de Orientación e nos seguintes enlaces:

Información oficial da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/fp

https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2026

 No marco das actuacións de orientación académica e profesional do centro, informamos da convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional para o ano 2026, dirixidas a persoas que non dispoñen do título de ESO ou doutro requisito académico que permita o acceso directo a estes estudos.


A superación desta proba permite acceder a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións que estableza posteriormente o proceso de admisión correspondente. 

Prazo de inscrición

O prazo de presentación de solicitudes será:

Do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos incluídos). 

A solicitude debe realizarse a través da aplicación informática Ciclosprobas, que xera un documento que posteriormente deberá presentarse no centro de inscrición correspondente, xunto coa documentación requirida.

Aplicación para realizar a solicitude:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

Información xeral sobre probas de acceso de FP:

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Onde realizar a inscrición

Pode empregarse como centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería con oferta de Formación Profesional.

Recoméndase escoller un centro próximo ao domicilio habitual, xa que:

  • Será o lugar onde se realicen consultas ou reclamacións posteriores;

  • A sede de exame adoita asignarse nun centro próximo ao centro de inscrición.

Estrutura da proba

A proba organízase en tres partes, cada unha delas con diferentes materias:

Parte sociolingüística

  • Lingua galega

  • Lingua castelá

  • Ciencias sociais

Parte matemática

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía 

Cada parte cualifícase entre 0 e 10 puntos e é necesario obter como mínimo 4 puntos en cada parte para poder calcular a media final. A proba considérase superada cunha cualificación de 5 puntos ou superior.

Data de realización da proba

A proba terá lugar o:

21 de maio de 2026.

Horario previsto

  • 09:00 h – Presentación das persoas aspirantes

  • 09:30 – 13:30 h – Parte sociolingüística e matemática

  • 16:00 – 18:00 h – Parte científico-técnica  

22 de abril de 2026 publicarase a relación de centros onde se realizarán os exames. 

Documentación e material para o día da proba

Será necesario levar:

  • Documento oficial de identidade.

  • Copia da solicitude de inscrición validada.

Material permitido:

  • Bolígrafo azul ou negro.

  • Calculadora científica só para a proba de Tecnoloxía (non programable nin gráfica).

  • Non se permite calculadora na proba de Matemáticas.

Non se admiten dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes.

Exencións da proba

A normativa contempla exencións totais ou parciais, entre outras situacións:

Exención total (exemplos):

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

  • Dispor dun grao B ou C de nivel 2 de Formación Profesional.

  • Acreditación de determinadas competencias profesionais. …

Exencións parciais (exemplos):

  • Superación de determinados módulos de FP Básica.

  • Superación de ámbitos da ESA.

  • Experiencia laboral mínima dun ano. …

Estas exencións deben solicitarse no momento da inscrición.

Consulta de resultados e reclamacións

As resolucións e cualificacións poderán consultarse:

  • No centro de inscrición, ou

  • A través da aplicación Ciclosprobas.…

O período de reclamacións ás resolucións provisionais de solicitudes será do 7 ao 10 de abril de 2026

Máis información e orientación no departamento de Orientación

E nas páxinas web: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11638 

https://www.edu.xunta.gal/fp

xoves, 26 de febreiro de 2026

Matrícula libre para as probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas - 2025/26

A Consellería de Educación acaba de abrir o prazo de matrícula libre para as probas de certificación das Escolas Oficiais de Idiomas do curso 2025/26, e hai só uns días para apuntarse. Se estás pensando en certificar o teu nivel este ano, este é o momento de actuar.


Que certificados se poden obter?

As probas permiten obter os seguintes certificados oficiais, recoñecidos en todo o territorio nacional:

  • Nivel básico A2
  • Nivel intermedio B1
  • Nivel intermedio B2
  • Nivel avanzado C1
  • Nivel avanzado C2

Podes facelo en moitos idiomas: alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés (segundo o nivel, a oferta de idiomas varía, polo que convén revisar as guías informativas de cada nivel).

Quen se pode presentar?

Pode inscribirse calquera persoa que teña 16 anos cumpridos (ou que os cumpra en 2026). Os menores de 16 que teñan polo menos 14 anos tamén poden participar, sempre que o idioma no que se examinen sexa distinto da súa primeira lingua estranxeira na ESO. E o mellor de todo: non é necesario ter superado niveis anteriores para presentarse polo réxime libre.

Ata cando me podo inscribir?

O prazo de matrícula é moi curto: do 23 de febreiro ao 6 de marzo de 2026. Non o deixes para o último día.

Como me inscribo?

O procedemento depende do idioma e nivel:

Para a maioría dos idiomas e niveis, a matrícula faise en liña en eoidigital.com/eoixuntalibre. Hai que presentar a documentación requirida ata o 6 de marzo para que a matrícula quede formalizada.

Para os niveis B2 e C1 de inglés e galego, o proceso é diferente: tamén te inscribes na mesma web, pero debes indicar polo menos tres centros de preferencia. Realizarase un sorteo o 11 de marzo e os resultados publicaranse o día 12. A partir de ese día e ata o 20 de marzo terás que formalizar a documentación.

Canto custa?

O importe das taxas está regulado polo Decreto 89/2013. Podes consultar os prezos exactos e as posibles exencións nese decreto ou directamente na EOI.

Máis información e contacto

Escola Oficial de Idiomas A Coruña Rúa Educación, 1 — 15011 A Coruña 📞 981 185 850 📧 eoi.corunha.secretaria@edu.xunta.gal 🌐 centros.edu.xunta.gal/eoicoruna

Podes consultar tamén a Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, onde se recollen todas as normas e o calendario completo das probas.

Ter un certificado de idiomas é hoxe case imprescindible, tanto para o mundo laboral como para acceder a estudos universitarios ou solicitar bolsas e programas internacionais como Erasmus+. Se xa tes o nivel, non hai escusa: inscríbete antes do 6 de marzo!

Probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (UDC)

 Queres estudar o Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na UDC? Apunta estas datas

Se tes en mente cursar o Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (CCAFD) na Universidade da Coruña, hai un paso previo fundamental que debes coñecer: as probas específicas de acceso. A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Coruña) acaba de convocar estas probas para o curso 2026-2027, e os prazos comezan xa moi pronto.


En que consisten estas probas?

Trátase de probas físicas específicas que avalían as capacidades e aptitudes deportivas das persoas que queren acceder a este grao. Non son as mesmas que a ABAU: son probas propias da facultade, pensadas para comprobar que o alumnado ten o nivel físico necesario para cursar estes estudos.

Quen se pode presentar?

Pódese inscribir calquera persoa que teña superado ou estea a cursar bacharelato ou un ciclo formativo de grao superior, ademais de quen reúna os requisitos xerais de acceso á universidade recollidos no RD 412/2024. Hai que ter en conta que as persoas deportistas de alto nivel ou alto rendemento están exentas de realizar estas probas.

Un dato moi interesante: se obtes a cualificación de apto/a nesta convocatoria, non terás que repetir as probas nos cursos 2027/2028 nin 2028/2029. A validez do resultado dura tres anos.

Cando son as probas e cando me inscribo?

Hai dúas oportunidades para presentarse:

1ª oportunidade — 25 de abril de 2026 Prazo de inscrición: do 23 de febreiro ao 17 de marzo de 2026 (ata as 14:00 h).

2ª oportunidade — 15 de xuño de 2026 (ou 16 de xuño se o número de aspirantes é elevado) Prazo de inscrición: do 8 ao 26 de maio de 2026 (ata as 14:00 h).

Podes presentarte á segunda oportunidade aínda que non te presentaras á primeira, ou se non obtiveches o apto na primeira. O pago da matrícula cobre as dúas oportunidades; só terás que aboar de novo o seguro de accidentes se concorres á segunda.

Canto custa?

Os dereitos de exame teñen un custo de 63,67 €, máis 6 € de seguro de accidentes. Existen posibles bonificacións e exencións, polo que convén consultar as bases da convocatoria para saber se che aplican.

Como me inscribo?

A inscrición faise a través do formulario en liña dispoñible na web oficial das probas: probasinefgalicia.udc.es. Alí tamén atoparás as bases completas da convocatoria e o regulamento das probas.

Máis información e contacto

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC Avda. Ernesto Che Guevara, 121 — 15179 Oleiros 📞 881 014 046 📧 administracion.inef@udc.es 🌐 inefg.udc.es


Se estás pensando en orientar o teu futuro cara ao deporte, a educación física ou o rendemento deportivo, este é o momento de dar o primeiro paso. Os prazos para a primeira oportunidade abren o 23 de febreiro, así que non o deixos para o último día!

mércores, 25 de febreiro de 2026

Proceso de admisión do alumnado en centros docentes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos. Curso 2026/2027

 Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.


Prazos de solicitude:

Dende o 01/03/2026 ata o 20/03/2026

CALENDARIO 

  • Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
  • A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manual) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
  • Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula  en Educación Infantil e Primaria.
  • do 25 de xuño ao 7 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.
MÁIS INFO: 

BOLETÍN 09-15 MARZO