luns, 19 de maio de 2025

Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2025-2026

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior para o curso 2025/26.


Inscricións:

Prazo de inscrición para alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (Bacharelato): ata o 13/06/2025

Prazo de inscrición para alumnado que cumpre co requisito de titulación: ata o 26/06/2025

As solicitudes deberán xerarse preferentemente de xeito telemático empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 ou completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e presentar, nos prazos establecidos, unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requerida no centro a que a persoa aspirante desexe acceder como primeira ou única opción.

Requisitos:

a) ACCESO DIRECTO: estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:

  • Título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
  • Título de técnico/a superior de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
  • Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Titulación universitaria de licenciatura ou grao en Belas Artes, Arquitectura superior ou grao en Arquitectura ou Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Quen, estando en posesión dos requisitos académicos de acceso, acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder

b) ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente, ou título de técnico/a de FP deberán superar unha proba específica.

c) ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: as persoas que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba  19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica (*consultar no Anexo I da convocatoria as posibles exencións da proba substitutiva de titulación)

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

INFORMACIÓN:

- nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño 

- Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

R/ Os Pelamios, 2 (15001- A Coruña)

Tel: 981 225 396

Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal

www.eapicasso.com

PUBLICACIÓN: DOG 22/04/2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...