As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional e Ensinanzas Artísticas (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
As xornadas organízanse en:
- VISITAS GUIADAS ás instalacións de cada un dos ciclos de FP e dos ensinos artísticos, complementadas con charlas informativas.
- Unha PRESENTACIÓN DOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO que se poden cursar en Galicia; e visita á EASD Pablo Picasso.
- E unha CHARLA SOBRE A FP BÁSICA, dos ciclos que se imparten en 4 centros públicos de FP da cidade: CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES Fernando Wirtz, IES Rosalía Mera e IES Urbano Lugrís.
Ademais, o alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2025, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de educación secundaria, formación profesional, estudos superiores e universitarios, así como recursos de procura de emprego xuvenil.
Acceso ás xornadas
O alumnado inscrito ten que presentar a CREDENCIAL correspondente para poder acceder ás visitas e charlas, que lle foi enviada ao seu correo electrónico no momento da inscrición.
No caso de non dispoñer de credencial e que haxa prazas libres, poderase asistir ás visitas e charlas unha vez que accedan as persoas con credencial.
Persoal da organización fará o control de entrada e poderá solicitar que a persoa asistente acredite a súa identidade cun documento oficial.
Cando:
- Os días 17, 18 e 19 de febreiro de 2025: Ciclos formativos. Visitas a centros públicos de FP e á EASD Pablo Picasso.
- O mércores 19 de febreiro, ás 17.30 h: Estudos superiores de deseño en Galicia, na EASD Pablo Picasso (r/ Os Pelamios, 2).
- O luns 24 de febreiro, ás 18.00 h: Charla sobre os ciclos de FP básica, no Fórum Metropolitano (r/ Río Monelos, 1).
Inscricións:
- Do 20/01/2025 ao 07/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros da cidade.
- Do 27/01/2025 ao 7/02/2025, a las 14:00h. para o alumnado matriculado en centros de fóra da cidade.
A solicitude en liña faia directamente a persoa interesada en acudir ás Xornadas a través desta ficha de inscrición, indicando o centro educativo no que está matriculada, as visitas e charlas ás que quere acudir (identificadas por un código numérico), así como os seus datos persoais.
MOI IMPORTANTE: verificar que os ciclos e charlas solicitadas non coincidan en horario.
Unha vez feita a solicitude a aplicación elabora un pdf confirmando a inscrición, onde se incorpora a CREDENCIAL de acceso ás Xornadas.
Este pdf, de confirmación e credenciais, envíase ao correo electrónico indicado no formulario.
Para resolver dúbidas e problemas sobre o proceso de inscrición en liña poden escribir a gestionim@edu.coruna.es
Contacto:
Servizo de Municipal de Educación
Teléfono 981 184 200 - ext. 10259
Horario: de luns a venres, das 09.00 ás 14.00 h
educacion@coruna.gal
Rede de Información Xuvenil
Telegram //Whatsapp: 606 362 366.
cmix@coruna.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario