xoves, 24 de abril de 2025

Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías socializadoras e de convivencia no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.


Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Inscricións:

Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025

Duración:

Quendas de 10 días.


Prezo:

125 euros. Descontos (non acumulables): 50 % para membros de familia numerosa ou familia monoparental, e 25 % para as persoas usuarias do Carné Xove.

Páxina web:

http://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Avenida Fernando de Casas Novas, 35. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 547 399, 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña

Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PR004A

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...