domingo, 13 de abril de 2025

Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado financiado pola UE e pertencente ao programa Erasmus+, que permite á mocidade entre 18 e 30 anos realizar un programa de voluntariado nunha organización ou institución sen ánimo de lucro de Europa por un periodo de longa duración (ata 12 meses).



DATA:

23/04/2025 ás 13.00 h.

Prezo: de balde

Requisitos:

Inscrición previa en www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve (prazas limitadas)

Páxina web:

www.paideia.es/voluntariado-europeo

Contacto:

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 223 927

correo-e:  evs@paideia.es

www.facebook.com/VoluntariadoEuropeoPaideia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

 A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas para a obtención do título de graduado en educ...