luns, 19 de maio de 2025

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2025-2026

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2025-2026.

Inscricións:

Até o 16 de xuño de 2025.

Con carácter xeral,  as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou en https://www.edu.xunta.gal/.

*Para formalizar a solicitude de inscrición, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que soliciten realizar a proba específica de acceso.

Prezo:

64€

Requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.

b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.

Páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/

Contacto:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

Tel.: 886 12 19 70

esad.galicia@edu.xunta.gal

www.esadgalicia.com  

PUBLICACIÓN: DOG 22/04/25


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...