mércores, 19 de novembro de 2025

Bolsas Norteamérica 2026-27

 Programa mediante o cal ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña ofréceselle a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de Bacharelato) en Canadá. 


O programa ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran un dominio avanzado da lingua inglesa, así como un coñecemento real doutra cultura.

Inscricións:

Dende o 05/11/2025 ata o 18/11/2025

prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto das bases e da convocatoria do programa no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

As persoas solicitantes deberán seguir os seguintes pasos para inscribirse no programa:

  1. Facer a inscrición en liña na web municipal de educación (www.coruna.gal/educacion) a través da ficha específica do programa. Unha vez feita a inscrición o sistema elabora un xustificante de confirmación que se envía ao correo electrónico facilitado na solicitude e que debe ser achegado co resto de documentación a presentar no Concello para formalizar a solicitude. Este xustificante ten un número de asignación (ID) que será o de referencia de cada expediente no proceso.
  2. Presentar por rexistro a documentación complementaria do expediente e o xustificante de confirmación da inscrición en liña (documento do apartado anterior) debidamente asinado pola persoa solicitante e os seus titores legais. O nome da persoa que debe de aparecer como interesada na solicitude presentada por rexistro debe de ser o do/a menor que solicita a bolsa.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel. 981 184 200 - Ext. 10911

educacion@coruna.gal

Requisitos:

Poderá ser adxudicatario da bolsa o alumnado empadroado no Concello da Coruña e escolarizado nun centro educativo da cidade, que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE).
  • Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, de ser o caso, no Concello da Coruña no momento da solicitude.
  • Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar da cidade da Coruña, no curso 2025-2026.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación media de 6 puntos ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
  • Contar no curso de 3º da ESO cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario/a, recollidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Este requisito será comprobado só no caso de resultar adxudicatario, podendo dar lugar a que un solicitante inicialmente admitido pase a estar excluído por non cumprir este requisito na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Máis información en: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/bolsas-norteamerica-2026-27/contenido/1453894788915 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Boletín 17-23 novembro