O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes vén de convocar as bolsas de carácter xeral para o curso académico 2026-2027, destinadas a alumnado que vaia cursar estudos postobrigatorios, tanto universitarios como non universitarios.
Prazo de solicitude
O prazo para presentar a solicitude estará aberto:
- Dende o 7 de abril de 2026
- Ata o 18 de maio de 2026 ás 15:00 horas
A tramitación debe realizarse exclusivamente por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio.
Persoas destinatarias
Estas bolsas están dirixidas a alumnado que curse algunha das seguintes ensinanzas:
- Bacharelato
- Formación Profesional (grao básico, medio e superior)
- Ensinanzas artísticas profesionais e superiores
- Ensinanzas deportivas
- Escolas Oficiais de Idiomas
- Cursos de acceso a FP e á universidade (maiores de 25 anos)
- Estudos universitarios oficiais de grao e máster
Quedan excluídos os estudos de doutoramento, especialización e títulos propios.
Requisitos xerais
Para acceder a estas bolsas será necesario:
- Non superar os limiares de renda e patrimonio familiar establecidos
- Non estar en posesión dun título do mesmo ou superior nivel ao solicitado
- Estar matriculada nunha ensinanza incluída na convocatoria
Contías das bolsas
As bolsas inclúen diferentes compoñentes económicos:
Contías fixas:
- Matrícula (para estudos universitarios)
- 1.700 € ligados á renda
- 2.700 € ligados á residencia
- Entre 50 € e 125 € por excelencia académica
- Bolsa básica: 300 € (350 € en FP de grao básico)
Outras contías:
- Axudas adicionais por residencia en territorios insulares, Ceuta ou Melilla
- Axudas para alumnado con discapacidade
- Contía variable (mínimo 60 €), en función da renda e do expediente académico
Os seguintes vídeos axudaranche no proceso:
Información e contacto na Coruña
Estudos non universitarios:
Sección de Bolsas (Consellería de Educación)
Edificio Administrativo de Monelos, A Coruña
Teléfono: 981 18 47 41
Correo: bolsas.ed.co@xunta.gal
Estudos universitarios:
Sección de Bolsas da Universidade da Coruña
Campus de Elviña
Teléfono: 981 16 70 00
Correo: bolsas@udc.es
Publicación oficial
Convocatoria publicada no BOE o 25 de marzo de 2026.
MÁIS INFO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario