domingo, 8 de marzo de 2026

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2026

 No marco das actuacións de orientación académica e profesional do centro, informamos da convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional para o ano 2026, dirixidas a persoas que non dispoñen do título de ESO ou doutro requisito académico que permita o acceso directo a estes estudos.


A superación desta proba permite acceder a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións que estableza posteriormente o proceso de admisión correspondente. 

Prazo de inscrición

O prazo de presentación de solicitudes será:

Do 16 ao 26 de marzo de 2026 (ambos incluídos). 

A solicitude debe realizarse a través da aplicación informática Ciclosprobas, que xera un documento que posteriormente deberá presentarse no centro de inscrición correspondente, xunto coa documentación requirida.

Aplicación para realizar a solicitude:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

Información xeral sobre probas de acceso de FP:

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Onde realizar a inscrición

Pode empregarse como centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería con oferta de Formación Profesional.

Recoméndase escoller un centro próximo ao domicilio habitual, xa que:

  • Será o lugar onde se realicen consultas ou reclamacións posteriores;

  • A sede de exame adoita asignarse nun centro próximo ao centro de inscrición.

Estrutura da proba

A proba organízase en tres partes, cada unha delas con diferentes materias:

Parte sociolingüística

  • Lingua galega

  • Lingua castelá

  • Ciencias sociais

Parte matemática

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía 

Cada parte cualifícase entre 0 e 10 puntos e é necesario obter como mínimo 4 puntos en cada parte para poder calcular a media final. A proba considérase superada cunha cualificación de 5 puntos ou superior.

Data de realización da proba

A proba terá lugar o:

21 de maio de 2026.

Horario previsto

  • 09:00 h – Presentación das persoas aspirantes

  • 09:30 – 13:30 h – Parte sociolingüística e matemática

  • 16:00 – 18:00 h – Parte científico-técnica  

22 de abril de 2026 publicarase a relación de centros onde se realizarán os exames. 

Documentación e material para o día da proba

Será necesario levar:

  • Documento oficial de identidade.

  • Copia da solicitude de inscrición validada.

Material permitido:

  • Bolígrafo azul ou negro.

  • Calculadora científica só para a proba de Tecnoloxía (non programable nin gráfica).

  • Non se permite calculadora na proba de Matemáticas.

Non se admiten dispositivos electrónicos como teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes.

Exencións da proba

A normativa contempla exencións totais ou parciais, entre outras situacións:

Exención total (exemplos):

  • Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.

  • Dispor dun grao B ou C de nivel 2 de Formación Profesional.

  • Acreditación de determinadas competencias profesionais. …

Exencións parciais (exemplos):

  • Superación de determinados módulos de FP Básica.

  • Superación de ámbitos da ESA.

  • Experiencia laboral mínima dun ano. …

Estas exencións deben solicitarse no momento da inscrición.

Consulta de resultados e reclamacións

As resolucións e cualificacións poderán consultarse:

  • No centro de inscrición, ou

  • A través da aplicación Ciclosprobas.…

O período de reclamacións ás resolucións provisionais de solicitudes será do 7 ao 10 de abril de 2026

Máis información e orientación no departamento de Orientación

E nas páxinas web: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11638 

https://www.edu.xunta.gal/fp

Ningún comentario:

Publicar un comentario