xoves, 24 de abril de 2025

NOCTURNIA CORUÑA

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF ligado).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.


Segues con dúbidas? 

Consults calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Inscrición nas actividades dende o 21/04/2025 ás 16.00 h ata o 24/04/2025 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas.




Encontro participativo sobre transporte urbano en O Remanso. Participa no deseño da nova rede de autobuses da Coruña! Encontro especial coa mocidade.

A Coruña ten en marcha un proceso de transformación: o transporte público da Coruña, e precisamos a participación de toda a cidadanía.



Dende o Concello da Coruña, dan voz a aqueles colectivos menos representados e aqueles que máis empregan o transporte público. Buscan contar coa voz da mocidade, escoitar as súas propostas e as súas inquedanzas para impulsar a mellora do transporte público dun xeito inclusivo e participativo.

Nestes encontros coñeceredes o proceso do Estudo Técnico Integral e, especialmente, compartiredes as vosas ideas mediante un diálogo entre todas as persoas participantes, o equipo técnico redactor e o persoal político do Concello da Coruña.

Cando:

08/05/2025

Horario:

De 18:30 h. a 20:00 h.

Onde:

Espazo Xuvenil O Remanso. A CoruñaTes claro xa que vas asistir? 

Como:

Inscríbete no seguinte enderezo (non é obrigatorio, pero axúdasnos a xestionar mellor o espazo):  

https://form.jotform.com/250963467853368  ou https://i.gal/EncontroMocidadeBus.

De igual forma, no cuestionario terás unha caixa de propostas no que realizar calquera tipo de aportación.

Participa e difunde! A túa voz pode cambiar o transporte da túa cidade!

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Correo-e: participabus@coruna.gal

Campus de Verán XuvenCiencia

 O Campamento Científico de Verán XuvenCiencia regresa ás facultades, laboratorios, aulas e espazos do Campus de Lugo da USC e ofrece 95 prazas para que estudantado de 3ª e 4ª da ESO, BAC e ciclos medios de FP se inicie na investigación tanto nos eidos das ciencias naturais e da saúde como nos da enxeñaría, as ciencias sociais e as humanidades.

Requisitos:

Alumnado de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP.

A idade máxima é 19 anos.

O proceso para participar consta de dúas fases: Preinscrición na páxina web do campus, e a Matrícula para as persoas admitidas.

Cando:

Dende o 29/06/2025 ata o 05/07/2025

Inscricións:

Dende o 09/05/2025 ata o 18/05/2025

Prezo:

250 €. A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, aloxamento e pensión completa, programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, material necesario para o Campus, seguro e diploma de participación da USC. Desde o domingo 29 de xuño ao sábado 5 de xullo nunha residencia universitaria, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.. O Campus de Verán XuvenCiencia inclúe prazas con aloxamento para todo o seu alumnado matriculado. 

Páxina web:

https://xuvenciencia.org/campus/gl/

Contacto:

XuvenCiencia - USC

Correo electrónico: xuvenciencia@usc.es

Campas 360

 A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativas e de lecer en fins de semana do mes de maio de 2025 dirixido a mozas e mozos empadroados en Galicia de 12 e 30 anos, divididos en tramos de idade.


PRAZAS
: 420 prazas en 12 quendas (30-40 prazas/quenda) organizadas por tramos de idade

Requisitos:

Mozas e mozos empadroados en Galicia que teñan entre 12 e 30 anos no momento da solicitude.

As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e en acollemento residencial deberán indicar esta condición no formulario de solicitude. Tamén as persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia no formulario de solicitude.

Cando:

Dende o 02/05/2025 ata o 01/06/2025


PROGRAMAS e INSTALACIÓNS: 

  • Alberge Xuvenil LUG II (Lugo): Campas 360 Tecnoloxía
  • Albergue Xuvenil Marina Española (Sada): Campas 360 Emprendemento
  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa): Campas 360 Deporte


Inscricións:

Ata o 28/04/2025 ata as 22:00 h.


Solicitude de praza través do formulario de inscrición dispoñible na web https://xuventude.xunta.gal .Só se poderá elixir unha quenda (as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición)

Confirmación da praza solicitada por correo-e e, logo de recibido o correo-e de confirmación o/a participante terá un prazo de 48 h. para remitir a documentación requerida a campas360.xuventude@xunta.gal

Prezo:

25€ por praza (desconto do 25% para persoas pertencentes a familias numerosas ou monoparentais e titulares do carné xove: 18,75 €)

O programa inclúe:

  • Aloxamento en albergue xuvenil (noites de venres e sábado no caso de fins de semana).
  • Manutención completa dende a cea do venres ata o almorzo do domingo, ambos incluídos.
  • Programa de actividades, equipo técnico responsable e material preciso para o seu desenvolvemento.
  • O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal

Contacto:

Dirección Xeral de Xuventude

Tel.: 981 544 840 

correo-e: campas360.xuventude@xunta.gal 

Campamentos verán 2025 específicos para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta 250 prazas para participar en estadías socializadoras e de convivencia no Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo, na Residencia de Tempo Libre de Panxón e na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.


Requisitos:

  • Ter recoñecida unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos. Ter cumprida a idade mínima establecida ao inicio da quenda e non superar a máxima ao seu remate.
  • Estar empadroados nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
  • Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que solicita.
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Inscricións:

Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025

Duración:

Quendas de 10 días.


Prezo:

125 euros. Descontos (non acumulables): 50 % para membros de familia numerosa ou familia monoparental, e 25 % para as persoas usuarias do Carné Xove.

Páxina web:

http://politicasocial.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Política Social e Igualdade. Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Avenida Fernando de Casas Novas, 35. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 981 547 399, 981 544 640

Correo electrónico: programas.discapacidade@xunta.gal

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da xefatura territorial da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7-9. 15006 A Coruña

Teléfono 881 881 528

Sede electrónica (sede.xunta.gal) procedemento PR004A

domingo, 13 de abril de 2025

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca probas para a obtención dos títulos de técnica/o e de técnica/o superior de ciclos formativos de formación profesional no curso 2024-2025.

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnica/o ou de técnica/o superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Como novidade, nesta convocatoria de probas libres ofértanse por primeira vez os títulos LOXSE, polo que se amplía a oferta coas tres titulacións derivadas da LOXSE que non foron transformadas en títulos LOE:

  • Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
  • Ciclo superior de Dietética.
  • Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.

Inscricións:

Dende o 11/04/2025 ata o 30/04/2025 ata as 13:00 h.

Requisitos:

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación ( para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnica/o de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnica/o.

Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnica/o superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnica/o.

Con carácter xeral, non estar matriculada/o en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de FP declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

- sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

- ata un máximo de 3 módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas que superasen o módulo de FCT, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios de setembro-decembro e de xaneiro-marzo do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres. 

Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de 2 anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: as solicitudes de inscrición poderanse realizar a través de calquera dos seguintes medios:  

a) Empregando o anexo I e presentalo, xunto coa documentación requerida, na secretaría de calquera centro público de formación profesional con oferta de probas libres para a obtención de títulos de FP, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

b) A través do asistente web: este avisará se é necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico, e ao finalizar o proceso obterase un resgardo de entrega da solicitude. En caso de non achegar a documentación en formato electrónico será imprescindible acudir a un centro educativo coa solicitude e a documentación e solicitar o resgado da entrega. (ver: Instrucións  para realizar solicitude web)

PRAZOdo 11 de abril ás 9:00h ata 30 de abril de 2025  as 13:00 h.

Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio

Reclamación contra a listaxe: do 6 ao 8 de maio ata as 13:00 h

Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio.

Listaxe de persoas adxudicadas: 14 de maio.

Matriculación: 14 ata o 21 de maio ás 13:00 h.

Liberados e adxudicación continuada: 23  ata o 30 de maio ás 13:00 h.

OFERTA DE PRAZAS: relación de prazas obxecto desta convocatoria

clasificada por provincia e concello

clasificada por familia e ciclo

MÁIS INFORMACIÓNEn C.I.F.P. e I.E.S. onde se oferten as probas

Páxinas web:

www.edu.xunta.es/fp

Contacto:

Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña.  Edif. Adm. de Monelos, 9º andar.

Rúa Vicente Ferrer nº2 (15008 - A Coruña) 

Tel: 981 184 701


Seminario informativo sobre Voluntariado Europeo

A Fundación Paideia organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado Europeo, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidaridade. As persoas asistentes poderán ademais plantexar preguntas e aclarar dúbidas.

O Voluntariado Europeo é un proxecto internacional de voluntariado financiado pola UE e pertencente ao programa Erasmus+, que permite á mocidade entre 18 e 30 anos realizar un programa de voluntariado nunha organización ou institución sen ánimo de lucro de Europa por un periodo de longa duración (ata 12 meses).



DATA:

23/04/2025 ás 13.00 h.

Prezo: de balde

Requisitos:

Inscrición previa en www.paideia.es/voluntariado-europeo/#formulario_sve (prazas limitadas)

Páxina web:

www.paideia.es/voluntariado-europeo

Contacto:

Fundación Paideia

Praza de María Pita, 17 (15001 - A Coruña)

Tel.: 981 223 927

correo-e:  evs@paideia.es

www.facebook.com/VoluntariadoEuropeoPaideia

BOLETÍN DO 07 AO 13 DE ABRIL

BOLETÍN DO 31 DE MARZO AO 06 DE ABRIL

 

Actividades de abril nas Naves do Metrosidero

 


Actividades de abril no Espazo Xuvenil O Remanso


 

Información sobre mobilidade europea: Xoves de Achegas na Nave03: Tecendo Europa

Nesta actividade o concello compatirá información sobre as oportunidades de mobilidade que ofrecen os programas Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade.




Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...