luns, 19 de maio de 2025

Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2025-2026

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2025-2026 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.


Necesario facer inscrición previa para todos os niveis

DATAS INSCRICIÓN:
INICIACIÓN, 1º GRAO ELEMENTAL: inscrición até o 2 de xuño de 2025.
RESTO DOS CURSOS GRAO ELEMENTAL: inscrición até o 5 de xuño de 2025.
1º GRAO PROFESIONAL: inscrición até o 6 de xuño de 2025.
RESTO DE CURSOS GRAO PROFESIONAL: inscrición até o 9 de xuño de 2025.
LUGAR DA INSCRICIÓN: secretaría do Conservatorio Profesional de Danza.

Requisitos:

Iniciación:

Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.

Grao Elemental: 

Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. A idade mínima para acceder son 8 anos.

Grao profesional:

Organízase en 6 cursos académicos.

Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso. 

Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

Páxina web:
www.dacoruna.gal/conservatorio-profesional-danza

Contacto:
Conservatorio Profesional de Danza

Casa Martelo. R/ Franxa, 14. 15001- A Coruña

tel.:  981 080 181

e-correo: conservatorio.danza@dacoruna.gal

Horario: de 16.00 -21.00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)

  A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...