A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2025/2026.
DATAS DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS:
- Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou Proba específica de grao medio: ata o 25 de xuño
- Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: ata o 16 de maio
LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. Nas modalidades de fútbol e atletismo deberá presentarse na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.
Requisitos para o ciclo inicial/medio:
- Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións de forma conxunta. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.
- O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específicos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.
Requisitos para o ciclo superior:
- Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva; poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións, de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:
1º. Bacharelato.
2º. Título de técnico superior.
3º. Título universitario.
- O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no parágrafo anterior, deberá ter 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización da proba.
Páxina web:
www.edu.xunta.gal
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña
Tel.: 981 184 701
Publicación: DOG 30/04/2025
Ningún comentario:
Publicar un comentario