A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a Campaña de verán 2025, na que se inclúen as prazas en campos de voluntariado. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Duración entre 10 e 12 días.
Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:
1ª CONVOCATORIA: Prazo de solicitude do 2 ao 15 e maio. A apertura do formulario de solicitude será ás 9:00 horas e cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
2ª CONVOCATORIA: Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, o 20 de maio ás 9:00 h. abrirase de novo o formulario na web de Xuventude para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.
Inscricións:
Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025
2ª convocatoria: apertura o 20 de maio ás 9:00 h.
Prezo:
110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, familia monoparental e familia de acollida).
A cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das actividades propias e as de lecer e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Requisitos:
- Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. É obrigatorio ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
- O formulario de solicitude estará dispoñible na web de Xuventude.
- Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a documentación cos seus datos persoais e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da dita documentación. O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de envío do correo electrónico. A documentación deberá achegarse por correo electrónico a un dos enderezos segundo o lugar onde se desenvolva o campo de voluntariado.
Páxina web:
https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran
Contacto:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Teléfonos: 981 957 115 - 881 999 314
A CORUÑA: Servizo de Xuventude e Voluntariado
Teléfono: 881 881 238 - - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241
Campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario