Proceso de admisión para os centros sostidos con fondos públicos. A solicitude presentarase no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación "admisionalumnado" do portal da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Prazos de solicitude:
Dende o 01/03/2026 ata o 20/03/2026
CALENDARIO
- Antes do 1 de marzo: sorteo público a efectos de desempate e publicación dos postos escolares vacantes nos centros docentes.
- Do 1 ao 20 de marzo: presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN
- A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado ED550B dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (consultar o Manual) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Presentarase unha única solicitude, na que se pode facer constar unha relación de até seis centros, por orde de preferencia.
- Do 21 de marzo ao 3 de abril: presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.
- 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o Consello Escolar no caso dos centros públicos e ante o titular no caso de centros privados concertados.
- 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido ordenado segundo a puntuación total. Impugnación das listaxes definitivas: No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada. No caso de centros privados concertados, poderán formular unha reclamación. Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. En ambos casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.
- Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria.
- do 25 de xuño ao 7 de xullo: formalización da matrícula en ESO e BACHARELATO.
MÁIS INFO:
Páxina web:
Contacto:
Servizo Territorial de Inspección Educativa. Edif. Adm. de Monelos, R/ Vicente Ferrer, 2, 1º andar. 15008 -A Coruña
tel.: 981 184 778 / 981 184 787 / 981 184 797
correo-e: inspeccion.coruna@edu.xunta.gal
Nos propios IES e CEIP
Ningún comentario:
Publicar un comentario