A Universidade da Coruña organiza unha Xornada de Portas Abertas para dar a coñecer a oferta académica do campus da Coruña. Durante dous días o alumnado de bacharelato e de ciclos superiores de FP terá a oportunidade de coñecer as instalacións e os graos que oferta a facultade/escola na que se inscriban a través de encontros co profesorado e estudantado, que guiarán as visitas e actividades deseñadas para vivir a experiencia de primeira man.
Dende o 12/03/2026 ata o 13/03/2026
Horario: Todas as visitas serán en horario de tarde (*consultar horarios en https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2026/ )
INSCRIPCIÓNS: INSCRICIÓN: online en www.udc.es/gl/futuros_estudantes/orientadores/xornada-de-portas-abertas-2026
Prezo: de balde
VISITAS:
Casa do Estudantado (Campus de Elviña)
- "Descubre a Universidade da Coruña!": información de acceso e admisión e de bolsas e axudas ao estudo.
Campus da Zapateira:
Escola Técnica Superior de Arquitectura
- Grao en Estudos de Arquitectura
- Grao en Paisaxe
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
- Grao en Arquitectura Técnica
Facultade de Ciencias
- Grao en Bioloxía
- Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
- Grao en Química
- Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química
Facultade de Filoloxía
- Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
- Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
- Programa de Simultaneidade do Grao en Español e o Grao en Galego e Portugués
- Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés e o Grao en Español
- Programa de Simultaneidade do Grao en Inglés e o Grao en Galego e Portugués
Facultade de Turismo
- Grao en Turismo
Campus de Elviña:
Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
Facultade de Ciencias da Comunicación
- Grao en Comunicación Audiovisual
- Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
Facultade de Ciencias da Educación
- Grao en Educación Infantil
- Grao en Educación Primaria
- Grao en Educación Social
- Grao en Logopedia
Facultade de Dereito
- Grao en Dereito
- Programa de simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito
Facultade de Economía e Empresa
- Grao aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas
- Grao en Administración e Dirección de Empresas
- Grao en Ciencias Empresariais
- Grao en Economía
- Programa de simultaneidade do Grao en Turismo e o Grao en Ciencias Empresariais
Facultade de Informática
- Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
- Grao en Enxeñaría Informática
- Grao en Intelixencia Artificial
- Programa de simultaneidade do Grao en Enxeñería Informática e Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
Facultade de Socioloxía
- Grao en Socioloxía
Campus de Oza:
Escola Universitaria de Enfermaría
- Grao en Enfermaría
Facultade de Fisioterapia
- Grao en Fisioterapia
Facultade de Ciencias da Saúde
- Grao en Terapia Ocupacional
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (Paseo de Ronda, 51. 15011 - A Coruña)
- Grao en Máquinas Navais
- Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (Avda. Ernesto Che Guevara, Liáns - Oleiros)
- Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Ningún comentario:
Publicar un comentario