mércores, 28 de maio de 2025
Prazas de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias da USC, 2025-2026
A Universidade de Santiago de Compostela abre o prazo de solicitude para a convocatoria de prazas de aloxamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR) para o curso 2025-2026.
Nº PRAZAS, repartidas por sectores e grupos
Prezos:
Serán os establecidos en función da Renda Persoal Dispoñible calculada segundo a puntuación económica publicada nas Bases da convocatoria ordinaria de prazas de aloxamento do SUR aprobadas polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021 e modificadas o 30 de marzo de 2023 (para a asignación das prazas terase en conta a puntuación académica e económica dos/as solicitantes segundo o baremo establecido nas citadas bases)
Estas axudas son incompatibles con outras coa mesma finalidade. As persoas que teñan concedido o compoñente de residencia da bolsa xeral do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte (MEFPD), deberán aboar a cota F. Se desexan manter a cota subvencionada pola USC, deberán renunciar ao compoñente de residencia da bolsa do MEFPD.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 26 de xuño de 2025 ás 14.00 h. a través do formulario web dipoñible en www.usc.gal/es/servicios/area/residencias/acceso-servicio-universitario-residencias/convocatoria-ordinaria-plazas-alojamiento
Presentarase unha única solicitude por persoa (agás no caso de solicitar praza praza en varios sectores ou nos dous campus: un formulario para Santiago e un formulario para Lugo)
O estudantado de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as 2 opcións no mesmo impreso.
As solicitantes de readmisión sen cambios nos membros da unidade familiar non teñen que achegar documentación. O resto dos/as solicitantes deberán achegar, ademais do formulario de solicitude asinado por todos os membros da unidade familiar, a documentación que corresponda segundo o indicado no punto 6 das Bases da convocatoria.
CALENDARIO:
Publicación das listas provisionais: 22 xullo
Prazo de enmenda das solicitudes: ata o 28 de xullo
Publicación das listas definitivas: 31 de xullo
Confirmación de permanencia na lista de agarda: ata o 3 de agosto
Reserva de praza adxudicada (pagamento da fianza): do 31 de xullo ao 3 de agosto
Movementos da lista de agarda:
1º movemento: 5 de agosto
2º movemento: 7 de agosto
3º movemento: 11 de agosto
4º movemento: 14 de agosto
5º movemento: 18 de agosto
6º movemento: 20 de agosto
Páxina web:
www.usc.gal
Contacto:
Universidade de Santiago de Compostela
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
Pavillón de Estudantes, 1º andar - Campus Vida (15782 - Santiago de Compostela)
Tel.: 881 814 525 / 881 814 560 / 881 815 246
correo-e: sur@usc.es
www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias
Documentos:
convocatoria 2025-2026 .pdf (297 KB)
Prazas de aloxamento nas residencias da UDC, curso 2025/2026
A Universidade da Coruña (UDC) convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias dos campus da Coruña e Ferrol para o curso académico 2025/26.
PRAZAS OFERTADAS:
- Residencia Pública Universitaria Elvira Bao, A Coruña, 100 prazas.
- Residencia Pública Universitaria, Ferrol, 29 prazas
- Alumnado de grao e máster que se matricule a tempo completo nun centro da UDC, nos campus da Coruña e Ferrol, para o curso 2025/26.
- Para a Residencia Pública Universitaria da Coruña, Elvira Bao: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio da Coruña ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios da Laracha, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.
- Para a Residencia Pública Universitaria de Ferrol: como regra xeral o domicilio familiar deberá estar fóra do municipio de Ferrol ou da súa área metropolitana, que comprende os municipios de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Miño, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.
- Cuarto individual: 295 €/mes
- Cuarto dobre: 270 €/mes
O período de duración das estadías será do 1 de setembro de 2025 ata o 30 de xuño de 2026. As entradas durante o mes de setembro posteriores á data indicada, ou saídas durante o mes xuño anteriores á data indicada non implicará modificación de prezo.
xoves, 22 de maio de 2025
luns, 19 de maio de 2025
Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior, curso 2025-2026
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior para o curso 2025/26.
Inscricións:
Prazo de inscrición para alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación (Bacharelato): ata o 13/06/2025
Prazo de inscrición para alumnado que cumpre co requisito de titulación: ata o 26/06/2025
As solicitudes deberán xerarse preferentemente de xeito telemático empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 ou completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e presentar, nos prazos establecidos, unha copia asinada da solicitude xunto coa documentación requerida no centro a que a persoa aspirante desexe acceder como primeira ou única opción.
Requisitos:
a) ACCESO DIRECTO: estarán exentas de realizar a proba específica de acceso ao grao superior quen estea en posesión de:
- Título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
- Título de técnico/a superior de Artes Plásticas e Deseño ou equivalente.
- Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
- Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
- Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou equivalente.
- Título superior ou de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
- Titulación universitaria de licenciatura ou grao en Belas Artes, Arquitectura superior ou grao en Arquitectura ou Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
- Quen, estando en posesión dos requisitos académicos de acceso, acredite ter experiencia laboral de, polo menos, 1 ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo ao que se queira acceder
b) ACCESO MEDIANTE PROBA ESPECÍFICA: as persoas que posúan o título de Bacharelato, ou equivalente, ou título de técnico/a de FP deberán superar unha proba específica.
c) ACCESO PARA O ALUMNADO QUE NON REÚNA OS REQUISITOS ACADÉMICOS: as persoas que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba 19 anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato e superar a correspondente proba específica (*consultar no Anexo I da convocatoria as posibles exencións da proba substitutiva de titulación)
Páxina web:
www.edu.xunta.gal
Contacto:
INFORMACIÓN:
- nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño
- Na Coruña: Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso
R/ Os Pelamios, 2 (15001- A Coruña)
Tel: 981 225 396
Correo-e: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.gal
www.eapicasso.com
PUBLICACIÓN: DOG 22/04/2025
Probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, curso 2025-2026
O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2025-2026 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.
Acceso e admisión ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais, curso 2025-2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2025-2026.
Inscricións:
Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2025-2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2025-2026.
Inscricións:
Até o 16 de xuño de 2025.
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou en https://www.edu.xunta.gal/.
*Para formalizar a solicitude de inscrición, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que soliciten realizar a proba específica de acceso.
Prezo:
64€
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
Páxina web:
https://www.edu.xunta.gal/
Contacto:
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)
Tel.: 886 12 19 70
esad.galicia@edu.xunta.gal
www.esadgalicia.com
PUBLICACIÓN: DOG 22/04/25
Acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño, curso 2025-2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2025-2026.
Inscricións:
Até o 6 de xuño de 2025. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de DNI ou NIE deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou en https://www.edu.xunta.gal/.
*Para formalizar a solicitude de inscrición, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que soliciten realizar a proba específica de acceso.
*As persoas solicitantes deberán dirixirse ás secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos.
Prezo:
64€
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
c) Terán acceso directo, sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, as persoas en posesión dun título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño.
Páxina web:
https://www.edu.xunta.gal/
Contacto:
Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia
EASD Pablo Picasso
Rúa Os Pelamios, 2. 15001- A Coruña
Tel.: 981 225 396
escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
www.eapicasso.com
Publicación: DOG 22/04/25
Axudas libros de texto curso 25-26
Aberto o prazo, dende o venres, 16 de maio e e ata o vindeiro 20 de xuño, o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar, así como para solicitar a inclusión no fondo de préstamo gratuíto.
Solicitudes
Presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario dispoñible no Portal Educativo ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
De xeito opcional, poderá facerse de xeito presencial nos centros educativos ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Vales para material
No que atinxe aos vales para material, dirixidos a todas as familias con renda per cápita igual ou inferior aos 10.000€, mantéñense dúas categorías.
- Na primeira delas, para rendas per cápita iguais ou inferiores a 6.000€, o vale é de 75€.
- A segunda comprende as rendas superiores a 6.000€ e iguais ou inferiores a 10.000€, cun vale de 60€ por alumno.
O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% será beneficiario desta axuda polo importe máximo de 75 €, con independencia da renda.
Fondo de libros
- O alumnado de todos os cursos entre 3º de Primaria e 4º de ESO poderá acceder ao fondo de libros.
- Aqueles con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros teñen garantido o acceso a seis manuais; e no tramo de 6.000 a 10.000 euros, a catro.
- O alumnado en garda ou tutela da Xunta recibe seis libros con independencia da renda.
Tanto para acceder ao fondo como para recibir as axudas de libros e material é requisito fundamental devolver os libros do curso anterior.
Máis información:
https://educacioneciencia.xunta.gal/portada
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.html
Sede electrónica Xunta de Galicia
sábado, 10 de maio de 2025
Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2025-2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2025/2026.
DATAS DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS:
- Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou Proba específica de grao medio: ata o 25 de xuño
- Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: ata o 16 de maio
LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. Nas modalidades de fútbol e atletismo deberá presentarse na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.
Requisitos para o ciclo inicial/medio:
- Para o acceso ao ciclo inicial ou primeiro nivel de grao medio, dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións de forma conxunta. Para o acceso ao ciclo final ou segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e poderase requirir a superación dunha proba de carácter específico ou acreditar un mérito deportivo.
- O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específicos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.
Requisitos para o ciclo superior:
- Dispoñer do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva; poderase requirir, ademais, a superación dunha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións, de forma conxunta que se poidan establecer na especialidade ou modalidade correspondente, e ter, cando menos, algún dos seguintes títulos, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos:
1º. Bacharelato.
2º. Título de técnico superior.
3º. Título universitario.
- O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no parágrafo anterior, deberá ter 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización da proba.
Páxina web:
www.edu.xunta.gal
Contacto:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña
Tel.: 981 184 701
Publicación: DOG 30/04/2025
Probas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC
A Universidade da Coruña convoca as probas específicas de acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, para o curso académico 2025-2026.
Os/as aspirantes que obteñan a cualificación de "apto" nas probas específicas de acceso nesta convocatoria, non terán que realizalas novamente nas convocatorias dos cursos académicos 2026/2027 e 2027/2028, sen prexuízo de cumpriren coa normativa para o acceso e admisión á universidade.
As persoas que desexen realizar as probas específicas cubrirán o formulario en liña dispoñible na web da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, adxuntando a documentación indicada nas bases da convocatoria.
Prazos de matrícula nas probas:
- Oportunidade do 26 de abril de 2025: ata o 25 de marzo de 2025 ás 14:00 h.
- Oportunidade do 16 de xuño de 2025: do 8 de maio ao 28 de maio de 2025 ás 14:00 horas.
Á 2ª oportunidade poderán concurrir aquelas persoas que non obtiveron a calificación de APTO na 1ª oportunidade e tamén aquelas outras que, por cualquera circunstancia, non se presentaran a esta.
Pódese consultar o Regulamento para as probas de acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da UDC en https://probasinefgalicia.udc.es
Páxina web:
https://probasinefgalicia.udc.es
Contacto:
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC
Avenida Ernesto Che Guevara, 121 (15179 - Oleiros)
tel.: 881 014 046
correo-e: administracion.inef@udc.es
https://inefg.udc.es
Campamentos municipais do Concello da Coruña Verán 2025
Apertura do prazo de preinscricións os días 13, 14 e 15 de maio (exclusivamente en liña, a través de coruna.gal/campamentos2025)
CAMPAMENTOS MOCIDADE 2025: PERSOAS DESTINATARIAS: Mozos e mozas de 12 a 17 anos (nados entre 2008 e 2013), organizados en grupos de idade.
- Publicación de listaxes provisionais: 23 de maio
- Prazo de presentación de reclamacións: 26 e 27 de maio
- Sorteo: 29 de maio ás 10:00 horas
- Publicación de listaxes de admitidos/as: 2 de xuño
- Prazo para realizar a inscrición e o pago: 3, 4, 5 e 6 de xuño
- Publicación de lista de espera: a partir do 10 de xuño
sábado, 3 de maio de 2025
Probas de acceso ao grao elemental e grao profesional de música, 2025-2026
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña convoca as probas de acceso ao 1º curso do grao elemental e ao 1º curso do grao profesional para o curso 2025-2026.
Inscricións:
Grao Elemental: do 23/04/2025 ao 18/05/2025
Grao Profesional: do 23/04/2025 ao 14/05/2025
Prezo:
As taxas de inscrición nas probas serán as establecidas no DECRETO 163/2024, do 24 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño:
- Proba de acceso a grao elemental: de balde
- Proba de acceso a grao profesional: 34 €
Requisitos:
a) Para o acceso ao 1º de grao Elemental:
- a idade mínima será de 8 anos e a máxima de 14 anos
- superar a proba específica de acceso
b) Para o acceso ao 1º de grao Profesional:
- superar a proba específica de acceso.
CALENDARIO:
Acceso a 1º curso do Grao Elemental, curso 2025/26:
- 22 de abril: publicación das prazas ofertadas
- Do 23 abril ao 18 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es
- 19 de maio: publicación dos listados provisionais de admitidos/as
- 19 de maio: charla presencial informativa sobre o desenvolvemento das probas
- 20 de maio: modificación da especialidade da inscrición
- 23 de maio: publicación definitiva de admitidos por especialidade, datas e horarios das probas de acceso
- do 9 ao 11 de xuño: probas de acceso
- 16 de xuño: publicación adxudicación de prazas e lista de espera
- do 17 ao 23 de xuño: prazo de reclamación
- do 26 ao 30 de xuño: prazo de matrícula
- 22 abril: publicación das prazas ofertadas
- Do 23 abril ao 14 de maio: inscrición nas probas de acceso en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/
- 16 de maio: publicación listas de admitidos e excluídos.
- 21 de maio: publicación datas e horarios das probas
- Do 11 ao 13 de xuño: probas de acceso
- 16 de xuño: ublicación admitidos e lista de espera
- Do 17 ao 23 de xuño: prazo de reclamacións
- Do 26 e 30 de xuño: prazo de matrícula
Páxina web:
www.cmusprofesionalcoruna.es
Contacto:
Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Praza do Conservatorio, s/n. (15011- A Coruña)
Tel.: 981 276 800
correo-e: cmus.profesional.coruna@edu.xunta.es
Campos de Voluntariado en Galicia
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pon en marcha a Campaña de verán 2025, na que se inclúen as prazas en campos de voluntariado. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Duración entre 10 e 12 días.
Os campos de voluntariado en Galicia estarán suxeitos a 2 convocatorias:
1ª CONVOCATORIA: Prazo de solicitude do 2 ao 15 e maio. A apertura do formulario de solicitude será ás 9:00 horas e cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
2ª CONVOCATORIA: Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, o 20 de maio ás 9:00 h. abrirase de novo o formulario na web de Xuventude para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo.
Inscricións:
Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025
2ª convocatoria: apertura o 20 de maio ás 9:00 h.
Prezo:
110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, familia monoparental e familia de acollida).
A cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das actividades propias e as de lecer e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Requisitos:
- Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. É obrigatorio ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
- O formulario de solicitude estará dispoñible na web de Xuventude.
- Unha vez adxudicada a praza, a persoa interesada recibirá por correo electrónico a documentación cos seus datos persoais e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da dita documentación. O prazo para a entrega da documentación é de 2 días hábiles que empezará a contar a partir do día e hora de envío do correo electrónico. A documentación deberá achegarse por correo electrónico a un dos enderezos segundo o lugar onde se desenvolva o campo de voluntariado.
Páxina web:
https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran
Contacto:
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Teléfonos: 981 957 115 - 881 999 314
A CORUÑA: Servizo de Xuventude e Voluntariado
Teléfono: 881 881 238 - - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241
Campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal
Campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal
Campaña de verán 2025. Campamentos en Galicia e noutras Comunidades
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca a oferta de prazas xuvenís dentro da programación da Campaña de verán, e ofrece a posibilidade de que a xuventude empregue o seu tempo libre de verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo. Quendas de entre 5 e 12 días durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2025.
A convocatoria inclúe:
A. Prazas polo procedemento xeral nas catro provincias galegas
B. Minicampamentos Coñece Galicia nas catro provincias
C. Prazas reservadas para inclusión
D. Intercambios noutras comunidades autónomas (País Vasco, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Castela-A Mancha e Cantabria)
As persoas participantes nas actividades disporán dos seguintes servizos:
- Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil, campamento xuvenil ou aloxamento turístico.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- Material necesario para o desenvolvemento da actividade xuvenil.
- Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con discapacidade disporase de persoal que conte coa formación e experiencia necesarias para atendelas.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- No caso de intercambios noutras comunidades autónomas, o transporte desde Santiago de Compostela, que será o punto de saída, ata o lugar de destino do intercambio, así como o retorno ata o mesmo punto de saída.
Inscricións:
Dende o 02/05/2025 ata o 15/05/2025. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Entre 92,50 e 284,50 euros según a actividade escollida.
Descontos: 50% con título de familia numerosa, familias monoparentais e familias acolledoras. As persoas usuarias do Carné Xove gozarán dun desconto do 25 %. Os descontos en ningún caso serán acumulables.
Requisitos:
- Persoas mozas residentes en Galicia de entre 9 e 17 anos.
- O/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
- As persoas nacidas no ano 2016 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2007 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
- Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar.
- Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
- As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa. En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
- As persoas mozas con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación a que desexan optar: procedemento xeral, minicampamentos, intercambios ou o procedemento das prazas reservadas de inclusión.
Páxina web:
https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran
Contacto:
Dirección Xeral de Xuventude. Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta 0, 15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 99 90 25/ 981 54 52 93/ 881 99 93 14/ 981 54 01 22
Departamento Territorial da Coruña. Servizo de Xuventude e Voluntariado
Espazo Amizar. Rúa Gregorio Hernández, 2-4. A Coruña
Teléfonos: 881 88 12 38/ 881 88 12 39/ 881 88 12 40/ 881 88 12 41
Publicación: DOG 30/04/2025
Sede electrónica (sede.xunta.gal) Procedemento BS303A
Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-2026.
Convócanse as seguintes axudas individualizadas:
- Axudas directas para alumnado que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.
- Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Inscricións:
Dende o 30/04/2025 ata o 11/09/2025.
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na web do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cumprimentada a solicitude, deberá ser asinada pola persoa interesada ou o seu representante legal, no caso de ser menor de 18 anos, con calquera dos sistemas de firma electrónica aceptados pola sede electrónica e enviada polo procedemento telemático establecido, quedando así presentada para todos os efectos.
Requisitos:
- Non superar unha determinada renda e/ou patrimonio familiar
- Presentar necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ou TEA
- Estar a cursar estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo nalgún dos seguintes niveis educativos: Educación infantil, Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao básico, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais, Programas de formación para a transición á vida adulta, outros programas formativos de formación profesional.
- Así mesmo, poderán solicitar as axudas o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados en Educación primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e de grao superior, Ensinos artísticos profesionais.
Compoñentes das axudas e contías:
- Ensino: ata 862,00 euros.
- Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
- Comedor escolar: ata 574,00 euros.
- Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
- Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
- Transporte urbano: ata 308,00 euros.
- Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino postobligatoria: ata 204,00 euros.
- Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
- Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros
- Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
Páxina web:
www.educacionfpydeportes.gob.es
Contacto:
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Rúa dos Madrazo, 17. 28014 Madrid
Tel. 910 837 937
Unidade de Bolsas. Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Rúa Vicente Ferrer, 2, 9º. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña
Tel. 981 18 47 41
Correo electrónico: bolsas.ed.co@xunta.gal
Publicación: BOE 25/04/2025 (extracto)
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (proba PEB e subvención)
A finalidade dos premios é recoñecer e valorar os méritos baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado...

-
Aberto o prazo, dende o venres, 16 de maio e e ata o vindeiro 20 de xuño, o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e mat...
-
Admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional de grao medi...
-
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pon en marcha a 1ª edición de Campas 360, un programa de actividades formativ...